A Deputación de Ourense ven de renovar o compromiso coa realización do Festival de Cine de Ourense (OUFF), de cara á súa vindeira 26ª edición, que se celebrará do 24 de setembro ao 2 de outubro. O presidente do ente provincial, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron o convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades subscriben anualmente polo que se rexe a colaboración entre ámbalas dúas entidades desde o ano 2019 no que o Concello de Ourense renunciou a seguir organizando o festival. Neste sentido, a Deputación cofinancia o OUFF cunha subvención nominativa en favor da Fundación "Carlos Velo" por importe de 225.000 euros, e pon a disposición da fundación unha oficina no centro cultural "Marcos Valcarcel", asà como o Teatro Principal e Centro Cultural nas datas e horarios que se determinen. Pola súa banda, a fundación organizará o festival e efectuará as contratacións, laborais ou mercantÃs, que sexan precisas para a organización do evento.
Entre as novidades que xa se coñecen desta vindeira XXVIª edición do OUFF está a prevista homenaxe ao director e guionista Luis GarcÃa Berlanga (València, 1921 – Madrid, 2010) no centenario do seu nacemento. Está prevista celebración de varios actos conmemorativos para lembrar o vÃnculo que unÃa ao cineasta co OUFF. No ano 2005, durante a décima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, Berlanga recibiu o Premio Memoria Histórica a figuras relevantes do cine español. O director valenciano acudiu a recoller o seu galardón, sendo o último premio honorÃfico da súa carreira que recibirÃa persoalmente antes do seu falecemento no ano 2010. Por unha banda, o festival acollerá unha exposición fotográfica rememorando a súa presenza en Ourense durante a celebración da 10ª edición, en novembro de 2005, e ao tempo proxectarase o filme El verdugo, para a crÃtica quizais a súa maior altura cinematográfica.