Estamos no medio do Entroido. Por todo o paÃs os disfraces bótanse ás rúas acompañados polo xeral dun importante estrondo. Xa sexa na forma de altofalantes, comparsas, charangas, folións ou co son inconfundible das chocas, o ruÃdo fai parte ineludible desta festa. E non calquera tipo de ruÃdo. A celebración conta con importantes peculiaridades musicais na nosa tradición, sons caracterÃsticos vencellados de xeito inconfundible a esta festa.
"Hai que distinguir entre música e son", explica Rafael QuintÃa, antropólogo e presidente da Sociedade Galega de AntropoloxÃa (SAGA). "No Entroido están as dúas presentes, pero se ben en calquera festa hai música, no Entroido ten unha importancia ritual". No caso das festas máis tradicionais, en moitos mantéñense manifestacións sonoras particulares e propia destas datas. "Hai elementos moi especÃficos que só saen no Entroido", asegura Pablo Carpintero, autor de Os instrumentos musicais na tradición galega. E non vale calquera instrumento, xa que a idea, principalmente é armar balbordo. "No Entroido tradicional non predomina a música melódica, senón o que poderiamos chamar ruÃdo, aÃnda que ruÃdo organizado". Carpintero ten claro que estas festas contan cunha música particular que responde á propia natureza da festa. "O Entroido é a contraposición da norma. E na tradición musical, a norma é a melodÃa, e o contrario é o ruÃdo. Entón neste caso é o ruÃdo o que predomina".
Fertilidade e salvagarda
Encol do significado que pode ter o son nos entroidos tradicionais, Xerardo F. Santomé, investigador e promotor da recuperación do merdeiro en Vigo, apunta que "cando acompaña a unha figura concreta, como os peliqueiros ou as pantallas, o ruÃdo que os acompaña é un xeito de se anunciar". Pola súa banda, QuintÃa incide no aspecto ritual dos sons destas festas. "Para os min e para os compañeiros da SAGA o son é unha parte principal do Entroido. Temos que pensar que é unha celebración moi seria, na que se simboliza a rexeneración da natureza logo do ciclo de inverno. Entón existe unha serie de ritos vinculados como as procesións de fachós para axudar o sol a recuperar a forza ou o paso dos volantes do Entroido Ribeirao polos campos para garantir que dean froitos". Na mesma liña, para este investigador o son "quere axudar a espertar esa natureza aletargada, e ao tempo escorrentar calquera mal espÃrito ou ente que puidese influÃr nese proceso. A presenza tan marcada do son, a potencia deses tambores que fan vibrar todo, mesmo danzantes xiróvagos como os que acompañan os folións nalgunhas parroquias, a vestimenta, as cores, os elementos florais e animalÃsticos o carácter hermafrodita das máscaras, con elementos de home e de muller fan continuamente presente o tema da renovación da natureza".
MelodÃas fóra
AsÃ, chama a atención en moitas destas festas a ausencia xeral de instrumentos habitualmente imprescindibles noutras celebracións como a gaita. Segundo Carpintero, "A gaita é a norma, e o Entroido precisamente é o ruÃdo, a desorganización, a crÃtica, o salvaxismo, é facer todo o que non se fai habitualmente". A coincidir con el, QuintÃa asegura que "o son, entendido como algo rÃtmico, é algo que se repite en moitos Entroidos de Europa. Vai acompañando esas figuras hÃbridas entre homes e animais que levan polo xeral chocas e campás". Dentro deste esquema xeral, Carpintero destaca a variedade de sons que, segundo os diferentes lugares, se vencellan con estas festas. "Hai campás e chocas, sobre todo nas máscaras de Ourense como os peliqueiros. E logo hai elementos como as vinchas que levan as pantallas, entre outras máscaras, que tamén fan moito ruÃdo". Para QuintÃa "as campás son desde antigo instrumentos que teñen unha función esconxuradora. Desde as que teñen inscricións contra os tronos nas igrexas ata os axóuxeres que se lle puñan aos nenos como amuleto, son elementos protectores". Na zona da Ulla son os charrascos os principais elementos sonoros distintivos da festa. "Xa non se empregan moito pero era habitual que fixesen parte na comparsa dos vellos que acompañaba os Xenerais".
Folións
Unha das formacións máis elaboradas para estas datas son os folións, un tipo de formacións habitual nas festas de Trives ou de Viana e Vilariño de Conso que consisten nunha multitude de persoas armadas de diferentes instrumentos de percusión. "Dependen moito da parroquia, pero caracterÃzanse polo predominio da percusión. De feito, cada parroquia adoita ter unha estrutura rÃtmica particular". Canda a isto, nalgunhas zonas os bombos e tambores vense acompañados de buguinas, cornas, cornetas e mesmo instrumentos agrÃcolas que teñen o seu uso principal nesta festa, aÃnda que Carpintero recolle o seu emprego noutras ocasións particulares como as vodas. QuintÃa engade aÃnda o son das buguinas ou caracolas como algo propio dalgunhas destas celebracións. "No Entroido de Marcón, en Pontevedra, que estamos a recuperar, habÃa unha danza propia do Entroido que no canto de ir acompañada dunha melodÃa, tiña un ritmo marcado polo son de buguinas, canda aos axóuxeres e as tarrañolas dos danzantes". Do mesmo xeito, este son está tamén presente en entroidos do norte de Portugal.
Os tambores máis grandes do paÃs
De feito, existen instrumentos especÃficos para estas formacións como son os tambores de Entroido, unhas pezas que se poden considerar as máis grandes do seu tipo no noso paÃs, con diámetros que van dos 50 ou 60 cm ata máis dun metro. "FacÃanse baleirando troncos de castiñeiro, aÃnda que agora xa fabrican a dobrar táboas, como para outros bombos", lembra Carpintero. Todo un esforzo para unhas pezas que unicamente soaban uns dÃas cada ano, e que amosa a importancia que esta celebración ten nalgunhas zonas. "Falamos de lugares onde a xente agarda todo o ano por estas datas. Por pór un exemplo. O home que me fixo a min algúns destes tambores tiña cancro, e aturou un ano para morrer xusto cando rematou o Entroido".
No entanto, canda as formas máis particulares, o Entroido era tamén época de músicas que se podÃan ouvir noutros ámbitos. Unha cuestión que abordamos na segunda parte desta reportaxe.