Canda ás formas sonoras máis especÃficas do Entroido, na nosa tradición existiron e existen músicas que vencellan este evento con outras festas. Gaitas, danzas brancas, charangas ou murgas amosan como a melodÃa está presente nas celebracións e permÃtennos seguir a evolución do sons nestas datas. E é que non todo era percusión no Entroido.
"Canda á formas máis rituais, temos tamén a música como elemento festivo no Entroido. Esta é unha celebración que ten moitas capas superpostas", advirte Rafael QuintÃa, investigador e presidente da Sociedade Galega de AntropoloxÃa. Pablo Carpintero, autor de Os instrumentos na tradición musical galega recoñece que, malia ao predominio do ritmo da tradición, existen tamén zonas, mesmo nos máis ancestrais entroidos ourensáns, nas que as músicas de Entroido incorporan propostas propias doutras celebracións. Desde Tomiño, Xerardo F. Santomé, membro da asociación Gaiteiros da Xistra e investigador da nosa tradición musical, apunta que existÃan formación que "traballan en todos os ámbitos dentro do ciclo festivo, tamén nestas datas" e apunta que "a música de Entroido cumpre diferentes funcións. Pode acompañar unha figura tradicional, como é o caso dos peliqueiros ou dos boteiros ou ao pobo en xeral que se disfraza. Por esta zona é este segundo aspecto o que predomina, e nestes casos, a música emprégase para que o pobo o pase ben". É dicir, fronte ao predominio do ritmo e do son dos folións que caracterizan moitos Entroidos tradicionais, existen tamén nestas festas casos nos que a melodÃa desempeña un importante papel.
Danzas, coplas e gaitas
No entanto, Carpintero considera que "aÃnda que están xa introducidas neste rito, moitas destas incorporaci´no teñen un espÃrito diferente, e contan con música que se corresponden a outras festas do ano". Nalgúns casos, "os folións acompañaban máscaras que organizaban algún tipo de danza. HabÃa casos que mesmo estaba todo organizado e o paseo incluÃa gaiteiros, coplas ou xente disfrazada acompañando". AsÃ, este investigador lembra o caso dos Entroidos da Ulla onde os xenerais levan tamén correos, coros de vellos e coros de novos nunha organización perfectamente estruturada. Canda a estes "hai Entroidos que incorporan danzas brancas, como os da Ribeira Sacra, ou aqueles nos que se fan presentacións de oficios. Neses casos empréganse gaiteiros que interpretan músicas especÃficas para estes eventos". Do mesmo xeito, as madamas e galáns de Cobre son outro exemplo de cómo as danzas gremiais ou brancas se integraron nas celebracións de Entroido.
A competencia
Encol da música para bailar, Santomé lembra como caso máis claro o coñecido Entroido do HÃo, en Cangas, onde eran recoñecidos os grupos de gaitas que participaban. "As parroquias sempre rivalizaban por levar os mellores cuartetos. CompetÃase a nivel de calidade, os gaiteiros acompañaban a xente disfrazada, e logo tocaban desde os palcos. Alà avaliábase a calidade das execucións de pezas complicadas como alboradas ou muiñeiras", explica. Canda ás mostras de virtuosismo, os mesmos intérpretes eran habitualmente os encargados de amenizar as verbenas nocturnas que se celebraban no Entroido. "O máis tradicional quedaba para o palco, para o baile xa valÃan ritmos máis modernos". Neste último ámbito competÃan xa con outros tipos de formacións, segundo a zona. "Aà xa entraban máis as murgas, cun espazo que logo ocuparÃan as orquestras. Isto xa era máis común pola banda de Cangas". Neste caso, "aÃnda que podÃan acompañar as máscaras, a súa función era máis propiamente de baile, non tanto de parar pola rúa".
Murgas
Santomé é bo coñecedor deste tipo de formacións e doutras emparentadas e habitualmente vencelladas ao Entroido como son as charangas. De feito o último disco dos Gaiteiros da Xistra, leva o tÃtulo Charurga, como resultado da unións dos dous nomes. Segundo apunta este investigador, as murgas "non son exclusivas do Entroido, tamén actúan noutras festas". A orixe das mesmas está na evolución dos cuartetos de gaitas. "A partir dos anos 20 ou 30 muda o panorama dos gaiteiros. Algúns únense ás bandas mentres outros continúan a tocar nos seráns. E unha vez que se unen con clarinetes ou que se xuntan dúas gaitas chegan a competir coas bandas de música, que tamén tocaban nas festas". Esta fusión e evolución, da que xa temos falados noutras reportaxes de Culturagalega.org, mestura as formas tradicionais de música con ritmos chegados de fóra. "Nestes casos os gaiteiros chegan a cobrar máis do que as bandas, porque eran menos en cada actuación e tocaban máis a repartir. O que facÃan as bandas entón era organizar murgas, grupos máis pequenos que tocaban polas festas. Nestas, un gaiteiro acompañábase de caixa, bombo, clarinete, requinto ou saxos da banda".
Das charangas ás orquestras
Das bandas de música xorden tamén as charangas. "A principal diferenza coas murgas é que non teñen gaitas, empregan sobre todo instrumentos de vento, pero os repertorios podÃan ser os mesmos", explica este investigador. AsÃ, trompetas, trombóns, saxofóns ou clarinetes atopábanse nas rúas durante o Entroido. A evolución dos dous grupos darÃa aÃnda as súas voltas ata chegar ás que actualmente percorren as nosas rúas nos Entroidos e noutras celebracións. "En determinado momento as murgas incorporan o acordeón mentres as charangas van evoluÃndo cara ás actuais orquestras. Estas tamén o acaban integrando ata que aparecen os instrumentos eléctricos. Entón abandónano e a algunhas murgas recupérano como algo distintivo, cando menos é o que observamos polo Baixo Miño", explica.
Mesturas dos nosos dÃas
Nos entroidos urbanos dos nosos dÃas, ademais das multitudinarias comparsas mantéñense charangas e murgas, con metais, instrumentos eléctricos e percusións. Nas mesmas, a mestura de ritmos é moi importante, aÃnda que, canda a experimentos de música dance, son os sons sudamericanos e, sobre todo os brasileiros os que se impoñen. AsÃ, nunha curiosa viaxe de ida e volta, o samba e as percusións de rúa do Brasil, canda a salsas e merengues teñen estes dÃas o protagonismo nas rúas. Do mesmo xeito que na nosa tradición, os tambores ocupan un lugar preeminente. No entanto, para Santomé, estas celebracións están xa moi afastadas do que era o Entroido. "Para min o esquema actual de comparsas a desfilar uniformadas pola rúa xa non é Entroido, é Carnaval. O Entroido galego é provocación e cambio de roles. Iso non ten cabida nos desfiles organizados onde se compite por un premio".
Non son estas, por suposto, todas a músicas que resoan nos nosos Entroidos. Hai toda unha familia de coplas e cancións satÃricas que hai xa moitos anos están integradas nas festas galegas, nomeadamente nas máis urbanas, e que tamén se vencellan a vellas tradicións satÃricas. Pero delas falaremos máis polo miúdo noutra ocasión.