A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña acollÃa esta mañá a presentación da Asociación de Editores Coruñeses. A entidade conta polo momento coa participación de cinco firmas, Hércules de Ediciones, Biblos Clube de Lectura, Espiral Maior, Ediciones del Viento e Trifolium, cuxo director Xan Arias é tamén o presidente. "Estamos abertos a novas incorporacións da área metropolitana da Coruña e mesmo da zona de Ferrolterra", explica Arias, quen apunta que o novo colectivo pretende "pór en valor a industria editorial coruñesa na sua amplitude e diversidade nun momento particularmente duro pola crise".
As firmas que fan parte do proxecto reclaman o legado de firmas históricas vencelladas á cidade como Biblioteca Galega Lar, Nós e Ediciós do Castro, sobre as cales prevén promover un documental. Canda a isto, o colectivo prevé desenvolver accións de divulgación sobre o traballo de edición en centros de ensino e anuncia unha xornada sobre este mundo de cara ao vindeiro DÃa da Edición.
Segundo apunta Arias, coa iniciativa as empresas buscan "desenvolver un traballo máis intenso a nivel local", e asegura que a nova asociación non supón un conflito coa Asociación Galega de Editores, á cal pertencen catro das asociadas.
Esta non é a primeira agrupación territorial da empresas editoriais que existe no paÃs. Desde 2009 diferentes firmas radicadas en Santiago desenvolveron o colectivo Editores de Compostela, baixo o que veñen desenvolvendo diferentes actividaes.