Comezan os traballos de escaneado da pedra no Castelo de San Felipe

Dosier: Novas tecnoloxías e restauración

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un escáner láser. Esta é a ferramenta que está a empregar o equipo do arquitecto Iago Seara para coñecer o estado da pedra do Castelo de San Felipe, en Ferrol. Con este método desenvolverán despois unha reconstrución en tres dimensións do conxunto para facilitar as accións de recuperación previstas. A antigüidade das pezas da fortificación, os seus desperfectos e as causas dos mesmos son algúns dos datos se agardan conseguir con esta análise, que xa se aplicou a outros monumentos no noso país. Os resultados deste traballo coñeceranse en catro meses. Coñece máis sobre as novas tecnoloxías aplicadas á restauración no noso Dosier.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Dosier: Culturgal

Comeza en Pontevedra a feira das industrias culturais do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo de San Felipe, Iago Seara, Seara...