¿É o caso do filósofo George Steiner, quen dubidaba que o galego teña unha tradición literaria comparable á catalá nunha recente entrevista a El PaÃs Semanal, un sÃntoma ou unha excepción? Despois da notable fumareda cultural que as opinións de Stiener deixaron entre os intelectuais do noso paÃs, falamos con algúns dos expertos foráneos con vinculación con Galicia que, desde foros de prestixio internacional, teñen certa perspectiva sobre o papel da nosa cultura no mundo.
A literatura, a música ou a banda deseñada feitas por galegos visitan feiras sectoriais internacionais. Aos poucos comeza a se ampliar a oferta de obras galegas traducidas para outras linguas, universidades dunha vintena de paÃses contan con Centros de Estudos Galegos. Unha ampla exposición promovida por PolÃtica LingüÃstica está facer unha xira internacional para explicar as nosas peculiaridades. No entanto, está por ver ata que punto estas campañas conseguen callar na intelectualidade internacional. Nas últimas semanas comunicados coma os da Asociación de Escritores ou o do Pen Clube, artigos de opinión e comentarios en todo tipo de foros están a pór de relevo esta problemática cuestión
Só para especialistas
Jean-François Botrel, antigo reitor da Universidade de Rennes 2 en Bretaña e presidente da Asociación Internacional de Hispanistas, apunta que o coñecemento da nosa cultura queda restrinxido, fóra de Galicia, “aos especialistas da cultura española e algúns sectores interesados en afinidades derivadas do elemento celta, como en Bretaña”. Como coñecedor de primeira man do caso francés, este hispanista pon coma exemplo que “neste paÃs dificilmente se identifican as peculiaridades da cultura galega a respecto da española, e para os que teñan unha experiencia directa de Galicia, posiblemente privilexien ao falar do galego as súas riquezas naturais, coma as paisaxes, ou espirituais, coma a peregrinación a Compostela, máis do que a súa literatura ou Zara”.
Escritores en castelán e traducións
Joan Ramón Resina, director do Instituto de Estudos Ibéricos e profesor de literatura española e portuguesa na prestixiosa Universidade de Stanford, en Estados Unidos, recoñece que “o coñecemento internacional da cultura galega é moi exiguo”. De xeito semellante, Gonzalo Pontón, fundador da Editorial CrÃtica, recoñece que “a cultura galega é moi pouco coñecida no ámbito internacional. Nin seguera se ten a conciencia que o galego é a mesma lingua que o portugués, seguramente lle faltou a Galicia un Fernando Pessoa”. No entanto, Resina apunta a “grande proxección internacional de autores galegos que escribiron en castelán” e cita “o premio Nobel Camilo José Cela ou o magnÃfico Ramón MarÃa del Valle-Inclán, o mellor dos autores catalogados coma pertencentes á xeración do 98”. AÃnda asÃ, recoñece a importancia de “valores moi sólidos” na actualidade coma Suso de Toro, “especialmente agudo coma articulista” e mais “Manuel Rivas, sen lugar a dúbidas o autor galego con maior proxección internacional nestes momentos”. Coincide con ele Botrel, que apunta tamén a Valle-Inclán e a Rivas como autores emblemáticos. “A literatura galega non traducida ao español ou a outros idiomas obviamente ten poucas oportunidades de se coñecer fóra. Sexa en galego ou en castelán as condicións para a súa aceptación parécenme moi vencelladas aos propios literatos e ás súas obras. Moitos autores aÃnda non puideron chegar a leitores que non lean galego ou castelán”, sinala.
A importancia que temos
En canto a se a nosa cultura posúe realmente valores sólidos como para ser coñecida no exterior, Resina apunta que “as letras galegas modernas tardaron máis en se diferenciar da literatura castelá do que fixo a literatura catalá. O volume dunha e doutra é moi diferente, e isto é un dato sólido, non unha valoración”. Pola súa banda, Pontón pensa que “a literatura e a cultura galegas reúnen tantas ou máis condicións que as que proceden doutras linguas minoritarias (o galés, o flamenco ou o catalán mesmo) e máis que as do euskera. O problema non está na demostrada capacidade do galego para crear, senón no seu fracaso de comunicación e de marketing. FÃxose moito mellor co viño, por exemplo. Ese fallo reflicte, fundamentalmente, a falta de personalidade polÃtica de Galicia”.
A cuestión polÃtica
Para Resina, é máis sinxela a exportación doutros produtos culturais, coma as artes plásticas, a arquitectura ou a música do que a das letras, e a cuestión da entidade polÃtica ten tamén a súa importancia. “A proxección é máis fácil, pero tamén é máis fácil que se dilúa a especificidade. Por exemplo, o MOMA de Nova York fixo hai dous anos unha exposicións sobre arquitectura catalá moderna pero presentando os arquitectos coma españois, e isto ocorre noutros ámbitos”. Esta tendencia pode provocar un ocultamento da nosa cultura dentro do epÃgrafe estatal e ser unha causa desa nosa aparente ausencia internacional. Segundo o director do Instituto de Estudos Ibéricos, “non é exclusivamente unha cuestión de ignorancia senón unha determinación polÃtica da identidade cultural, á que non é alleo o labor diplomático do Estado”. Debido a estas cuestións “a proxección exterior das culturas non estatais é moi difÃcil, teñen en contra enormes inercias e actitudes xeralmente indiferentes cando non hostÃs nas institucións do Estado. Pola miña banda hai moitos anos que promovo a idea de Estudos Ibéricos, a fin de unir os valores culturais de toda a PenÃnsula, incluÃdo Portugal, para dar unha idea máis cumprida das relacións efectivas, culturais e históricas nesta rexión europea”.
A necesidade de ser identificados
Desde Bretaña, Botrel considera imprescindible traballar esta proxección. “Se as culturas minoritarias non desenvolven polÃticas propias, ¿quen se vai encargar diso? Chegar a ser identificable é unha condición imprescindible para que unha cultura, sexa máis ou menos minoritaria, poida manter a súa identidade”. Cita a este respecto a importancia do traballo dos Centros de Estudos Galegos no exterior e pon o exemplo Bretón, que coñece polo miúdo. “En Bretaña, hai apoios estatais e rexionais que permiten a publicación e a difusión, que é fundamental, dunha literatura tamén cientÃfica que doutro xeito dificilmente sairÃa á luz. O mesmo acontece coa produción de exposicións ou de espectáculos que se exportan”.
Fórmulas para se amosar
De cara a como se poderÃa mellorar a presenza da nosa cultura nos foros internacionais, tanto Resina coma Pontón apostan pola asociación con outras entidades. “Penso que unha réplica de Galeuscat no plano cultural poderÃa ser unha eficaz alternativa ao Instituto Cervantes, que recibe financiamento del Estado para promover só unha das culturas e linguas do mesmo”, explica Resina. Pola súa banda, Pontón está a prol de aproveitarmos os vencellos coa LusofonÃa. “Penso que unha das grandes oportunidades que se están a perder é non constituÃr unha confederación cultural, que non polÃtica, con institucións portuguesas, brasileiras e galegas da diáspora”. Para emprender o traballo de internacionalización considera que “o Consello da Cultura é unha institución privilexiada que non depende dos executivos e deberÃa contar co financiamento necesario para desenvolver unha polÃtica semellante á do Instituto Cervantes ou o Ramon Llull”. En 2005 o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño anunciaba a futura creación dun Instituto RosalÃa de Castro que traballase neste ámbito. A institución, aÃnda pendente de se concretar, xa fora reclamada por diversas voces da cultura do paÃs.
Traballo en marcha
Pola súa banda, a ConsellarÃa de Cultura incide en que un dos seus principais eixos de actuación é a a proxección exterior da cultura. “O traballo que se desenvolve nete sentido é intenso e está dando xa os seus primeiros froitos. En calquera caso trátase dun labor de fondo que precisa tempo para se consolidar”. Eventos coma as feiras do libro de Francfort, Boloña ou Bos Aires, entre outras, o Womex ou o Popkomm no campo musical, Barcelona ou Angoulême no campo da BD ou a Bienal de Venecia do Audiovisual contaron coas súas delegacións galegas, ás que se suma o feito de ser paÃs convidado da Feira do Libro da Habana ou no Festival MarÃtimo de Brest. O departamento lembra tamén o apoio á tradución e á venda de dereitos editoriais e mais á comercialización de música e artes escénicas e incide no acordo para situar na Cidade da Cultura o segundo centro internacional da literatura infantil e xuvenil.
A candidatura de Méndez FerrÃn ao Nobel, o éxito internacional de Miguelanxo Prado na banda deseñada, de Nano 4814 no graffiti ou de diferentes artistas plásticos situados na vangarda internacional, entre outros casos puntuais, amosan que non é imposible situar o noso paÃs na primeira liña da cultura. É evidente que para nós, nun futuro próximo, está vedada a posibilidade de sermos un referente mundial, no entanto, exemplos coma os mentados amosan que é ben posible que se nos coñeza máis e mellor. As portas están abertas.