Entre o último terzo do século XIX e a primeira metade do XX, 32 sociedades galegas naceron na PenÃnsula Ibérica, concentradas sobre todo en Madrid (12), Barcelona (8) e Lisboa (8). Nos últimos 50 anos da última centuria, o número destas entidades sociais e culturais multiplicouse, ao tempo que se diversificaron enormemente os destinos de acollida na PenÃnsula. Con Euskadi como un novo destino de referencia sumado aos anteriores, lugares coma Castellón, León, Murcia, Lleida ou Melilla viron nacer diferentes sociedades deste tipo. Son só algúns dos datos que nos revela a mostra Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración que realizou o Consello da Cultura Galega.
Segundo estas cifras, no últimos cincuenta anos multiplicouse tamén a presenza a nivel europeo, con presenza en paÃses coma Rusia ou Reino Unido. No entanto, obsérvase un claro predominio das sociedades fundadas en España (105) seguidas a distancia polas 37 suÃzas e as 19 alemanas.
Queda por ver cantos destes colectivos sobrevivirán no futuro, e a vizosidade coa que poderán seguir a traballar para difundir a nosa cultura.
Sociedades de emigrantes galegos en Europa (1951-2007).Segundo estas cifras, no últimos cincuenta anos multiplicouse tamén a presenza a nivel europeo, con presenza en paÃses coma Rusia ou Reino Unido. No entanto, obsérvase un claro predominio das sociedades fundadas en España (105) seguidas a distancia polas 37 suÃzas e as 19 alemanas.
Queda por ver cantos destes colectivos sobrevivirán no futuro, e a vizosidade coa que poderán seguir a traballar para difundir a nosa cultura.
Sociedades de emigrantes galegos na penÃnsula ibérica (1951-2007).
Sociedades de emigrantes galegos na PenÃnsula Ibérica (1951-2007).