A histórica Illa de San Simón abrirá definitivamente as súas portas ao público xeral a partir do 12 do xullo. Os visitantes poderán acceder á illa da enseada de Redondela de xeito gratuíto. En primeiro lugar, participarán os veciños da comarca e o público xeral e xa no outono grupos escolares. Na illa os visitantes poderán percorrer os diferentes recintos e coñecer máis en profundidade a historia da Illa no Centro de Intepretación. Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, estimou que ao longo do verán poderán acceder á illa ao redor de 15.000 persoas.
Nota oficial
Durante o mes de xullo, as visitas realizaranse os venres, sábados e domingos. Continuarán en agosto e setembro, e de forma puntual nos meses de outono. A información relativa ao horario e lugar das saídas (os portos de Redondela e San Adrián de Cobres) estará sempre actualizada en illadesansimon.org. Co obxectivo de organizar o fluxo de visitas, esta web contará cunha central de reservas, que se completará coa posibilidade de reservar vía teléfono ou email. A web será tamén o punto de información sobre a Fundación Illa de San Simón e todas as actividades que se desenvolvan na illa, así como unha ferramenta virtual para dar a coñecer a historia deste lugar e facer máis accesible este espazo illado xeográfica e historicamente.
As persoas que visiten a illa disporán alí de elementos de sinalización, materiais informativos e exposicións que proporcionarán unha información completa do presente e os grandes fitos da historia do lugar. Ademais a Illa de San Simón será escenario de actividades sociais e culturais. Unha das primeiras será o Encontro Nacional da Memoria Histórica.
Homenaxe ao Exilio Galego
Ánxela Bugallo anunciou a celebración dos actos centrais de recuperación da memoria histórica que terán lugar na illa de San Simón na fin de semana do 19 e 20 de xullo. Ese sábado desenvolverase o Encontro Nacional da Memoria Histórica cun acto de homenaxe ao exilio galego, e o sábado e o domingo as xornadas Mulleres con memoria. Exilios femininos. A illa de San Simón xa foi en xullo de 2006 escenario da primeira gran homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista.
O Encontro Nacional da Memoria Histórica celebrarase o sábado 19 ás 12 do mediodía, dedicado a honrar aos protagonistas do exilio galego. Alí estarán exiliados, familiares, e todas as persoas que queiran acompañar e render homenaxe aos que tiveron que saír do país trala sublevación militar do ano 1936. No acto intervirán varias mulleres galegas exiliadas, ademais do escritor Xosé Neira Vilas. A música porana a cantautora Carmen Dor e o Grupo de Música Tradicional do IGAEM. As persoas que estean interesadas en asistir ao encontro deben confirmar a asistencia no teléfono 981 544 812 ou no correo electrónico anodamemoria@xunta.es.