Hai xa anos que o noso paÃs vive un certe “febre do ouro” vencellada ao turismo cultural. Esta actividade está a se presentar coma unha rentable alternativa económica, especialmente no rural, que ademais permite conservar e investigar o noso pasado e o noso tecido creativo. Concellos, parroquias, entidades de todo tipo visten de longo o seu patrimonio, organizan concertos e festivais de todo tipo e procuran en xeral explotar as súas peculiaridades tentando atraer o visitante con maior ou menos fortuna. Pero, ¿paga a pena todo ese esforzo? Segundo os datos do Observatorio da Cultura Galega, os ingresos medran ano a ano.
Os que veñen
A partir dos datos que desglosa o Anuario de EstatÃsticas culturais do Observatorio da Cultura Galega, descubrimos que o factor cultural é un imán importante, sobre todo para os turistas que nos visitan desde fóra de España: Ata un 74,8% das viaxes de estranxeiros en 2005 tiñan os culturais como principais motivos, segundo os datos do Instituto de Estudos TurÃsticos. A nivel estatal, o atractivo é algo menor, xa que só o 11,4% das visitas tiñan a cultura coma eixe. Posto en números reais, isto supón 867,700 visitas en 2005 desde fóra das fronteiras estatais e 476.100 desde o propio Estado.
A mudanzas metodolóxicas nesta enquisa dificultan en boa medida establecer tendencias neste sentido, e amosan rupturas abruptas. AsÃ, en 2003 e 2004 contabilizábase arredor dun 25% de visitas culturais desde o estranxeiro, mentre que, logo de ampliada a mostra e de modificadas as cuestións, o resultado triplicouse para os seguintes anos. De calquera xeito os datos provisorios de 2006 apuntan a un 70,8% de estranxeiros que siguen a estela cultural, o que amosa un retroceso duns catro puntos. Pola súa banda, este atractivo chama máis visitas do Estado, que chegan xa aun 15,4% sobre o total de viaxes turÃsticas.
O que nos deixan
Os gastos totais que estas visitas, tanto estatais coma foráneas, deixaron en Galicia nada menos que 765,6 millóns de euros durante 2005. Deles, 652,7 chegaron de fóra do Estado, mentres 112,9 gastáronse en visitas de españois. Iso supón un gasto medio por turista de 752 e 237, respectivamente. As cifras cobran máis importancia se consideramos que no caso das visitas foráneas, ese gasto supón o 78,2% do total que fan en turismo, e a nivel estatal, un 20% , sempre a falar de 2005. Nos datos provisorios de 2006 semella confirmarse un certo descenso do gasto neste sentido (648,4 millóns do estranxeiro, 746 por cabeza).
O peso
Malia á magnitude destas cifras, o peso do noso turismo en xeral é baixo sobre o conxunto do Estado, e de xeito paralelo, tamén o turismo cultural que vén a Galicia supón unha pequena porcentaxe das visitas deste tipo en todas as Comunidades. Deste xeito, de todos os turistas que visitan España por motivos culturais, un 3% visitou Galicia en 2005, e a cifra minguou ata un 2,9% nas cifras provisorias de 2006. Sendo o noso paÃs receptor dun 2,12% do turismo internacional, compróbase que o peso especÃfico deste tipo de viaxes é superior á media, e que os atractivos culturais funcionan como reclamo alén das nosas fronteiras. No chamado turismo interior, pola contra, no mesmo perÃodo as cifras foron do 4,2 ao 5% do total de viaxes culturais feitas no seo do Estado. Se temos en conta que o noso paÃs só recibe entre un 3 e un 7% das viaxes que fan os españois por calquera motivo, a importancia do ámbito cultural faise tamén evidente.
En total, arredor da cuarta parte das persoas que visitan Galicia apuntan o “coñecer cultura e costumes” ou “coñecer o medio natural e as paisaxes” coma o motivo fundamental da viaxe. Dun xeito, está claro que resta aÃnda un grande traballo por facer, tanto para incrementar o peso do paÃs no turismo estatal, e que nese camiño os atractivos culturais e patrimoniais son sen dúbida ningunha, bazas destacadas.
Datos do Turismo cultural en Galicia.Os que veñen