Patrimonio destina 25.000 euros para divulgar os gravados de Porto do Son

A iniciativa pretende implicar as entidades locais na súa conservación

Porto do Son é unha zona na que existe unha elevada densidade de gravados rupestres. De aí a importancia que ten o convenio que acaba de asinar o Concello coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que destinará 25.000 euros para completar o inventario destes relevos. Ademais, este acordo temén destina un apartado para acondicionar e pór en valor os abondosos depósitos arqueolóxicos que existen nesta zona.