O 14 de xuño abría en Zaragoza o maior espazo expositivo dedicado á render homenaxe á auga. Precisamente unha materia na que Galicia ten moito que dicir polos seus máis de mil quilómetros de costas, os seus abondosos ríos e pola súa climatoloxía. Alén diso, o pavillón galego destaca polo seu marcado carácter turístico.
Nun espazo duns 350 metros cadrados, a Consellaría de Innovación e Industria, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, presentou un pavillón centrado en sete temas: os Camiños de Santiago, os espazos Naturais, Termalismo, Praias, as Denominacións de Orixe e os Cascos históricos relacionados coa auga. Unha proposta de tipo turístico, encamiñada a ensinar a oferta do país nesta materia.
o espazo expositivo
As exposicións universais, nacidas a finais do século XVIII como escaparate dos países asistentes están a sufrir un receso no número de visitantes e un cambio de orientación na súa proposta. En parte porque o contexto actual dista moito do que tiña lugar nos séculos XIX e principios do XX, momentos de máximo esplendor deste tipo de celebracións. Agora estamos lonxe dos desafíos tecnolóxicos e constructivos que supuñan este tipo de edificios, como foron no seu momento a Torre Eiffel de París ou o Atomium en Bruxelas. A que Zaragoza organizou para este 2008 non é de carácter universal, senón internacional e, ademais, é de tipo temático. O seu lema é Auga e desenvolvemento sustentable. Unha área na que Galicia ten moito que dicir tendo en conta as súas características orográficas e climatolóxicas. Para esta ocasión, a Consellaría de Innovación investiu 1.5 millóns de euros neste espazo no que destaca unha pantalla xigante de trece metros de lonxitude por sete de alto que está composta por 3.000 mostras de augas recollidas en máis de trescentos concellos do país.
Programación
Alén do pavillón, entre o 19 e o 27 de xullo desenvolverase a semana de Galicia, que ofrecerá actividades que van desde unha exposición no centro da cidade de Zaragoza Galicia, Santiago e o Mar, ata sesións de espectáculos musicais (Luar na Lubre. Nova Galega de Danza, The Ellas, Deluxe, Lamatumbá...). Eses días funcionará un Aquófono, un instrumentos musical único inventado polo grupo experimental Parto, que converte pingas de auga en notas musicais. Canda isto, 14 galegos participan no Foro científico Tribuna da auga, o grande encontro científico no que participan 350 asistentes de todo o mundo e que se sucede ao longo dos tres meses que estará aberta a Expo.
Á oferta galega haberá que engadirlle a oferta gastronómica que, como é habitual na asistencia a feiras de tipo turístico, servirán de carta de degustación dos produtos do país. Unha oferta que se engloba dentro do pavillón 21, que leva por título Ríos e que agrupa os espazos de todas as Comunidades Autónomas do Estado.
No total, durante estes tres meses de exposición da auga, están programados 5.000 espectáculos, a presenza de 2.000 expertos nos 140 pavillóns. Haberá que agardar ata o día 15 de setembro, cando se peche a mostra, para facer balance do que supón este espazo.