Unha destacada parte do noso patrimonio está en zonas rurais, precisamente onde é máis difÃcil de vixiar e de protexer. A apertura de pistas, desbroces, ou diferentes obras provocan a miúdo danos irreparables nese ben común. Con vistas a que as persoas que máis próximos teñen estes tesouros os coñezan e os aprecien, as consellarÃas de Cultura e de Medio Rural puxeron en marcha as xornadas Patrimonio no Medio, unha aposta por difundir o coñecemento e o respecto polo noso legado cultural.
Igrexas illadas e sen vixilancia. Petróglifos no medio do monte. Restos castrexos que acaban fechando leiras. Calzadas romanas atravesadas por pistas forestais. A conservación do patrimonio no rural é unha cuestión complexa que esixe, máis que noutros ámbitos, a participación da sociedade que comparte este espazo. Un traballo de comunicación viral no que, entre outras propostas, están a incidir as consellarÃas de Medio Rural e de Cultura mediante as xornadas Patrimonio no Medio. “A iniciativa naceu xa o ano pasado. No medio rural diferentes axentes sociais interveñen coas súas actividades en lugares onde hai bens de interese patrimonial. Con este proxecto preténdese primeiro dar unha formación primeiro para que recoñezan e despois para que aprecien este patrimonio. Debemos pensar que ademais de axentes que realizan actividades nese contorno en moitos casos son tamén veciños desas zonas e poden desenvolver un interese por estes bens” explica Xosé Carlos Sierra, delegado de Cultura en Ourense e un dos promotores deste evento. A iniciativa está a desenvolver desde aquela nesta provincia e mais na de Pontevedra, buscando chegar a axentes forestais, comunidades de montes e veciños en xeral.
Os contidos
Deste xeito, atopamos que nas xornadas téntanse desenvolver contidos relacionados co contorno máis próximo a onde se imparte cada unha das sesións. Neste ano, por exemplo, o megalitismo da Limia, a arqueoloxÃa do Bolo, de Terra de Montes e de Valdeorras e a etnografÃa en Ribadavia centran os contidos da edición ourensá, que se está a celebrar ao longo do mes de xuño nestas comarcas. “Este ano centrámonos máis nas comunidades de montes e implicámolas nas propias organización das xornadas”, lembra Sierra. Os asistentes poderán coñecer, ademais do patrimonio concreto que os rodea, como recoñecer restos de diferentes tipos cando topen con eles nas súas actividades cotiás. “Non se trata de dar leccións maxistrais, senón de explicarlle estas cousas a un público que non está introducido nelas, cunha linguaxe máis popular. Non é sinxelo amosar como se identifica un megálito, unha vÃa histórica ou un depósito romano, é algo que compre adestrar. Pero é algo que hai que facer”.
A consciencia
Malia a que dúas edicións son ainda escasas para desenvolver unha avaliación dos resultados desta iniciativa, a aceptación entre os asistentes a estes eventos é moi positiva. “Os que asisten desenvolven outra actitude de cara ao patrimonio. Se conseguimos mantelos durante varios anos poderán verse froitos importantes”. Augura Sierra. Ao seu ver, “un cidadán do medio rural é un cidadán que, coma calquera outro, ama a súa terra e gústalle apropiarse das súas tradicións e da súa cultura. Entón se se lle transmite que iso non é incompatible coa xestión do territorio e que mesmo lle pode subministrar recursos adicionais, coma os turÃsticos, ha gardalo moito mellor”. Canda aos veciños, o proceso de colaboración entre estas dúas consellarÃas está a se notar tamén no propio persoal de Medio Rural. “Os técnicos e os axentes están cada vez máis concienciados e trasládanlle á xente esa preocupación. É un proceso lento, pero é importante que esta acción se dea en positivo”.
“Este programa ten un compoñente de democratización arqueolóxico, etnográfico e cientÃfico arredor do patrimonio”, resume o delegado de Cultura. De xeito semellante, tamén no arcebispado de Ourense traballan a difusión popular dos bens patrimoniais mediante a súa publicación Dovela, que aproveita a propia infraestrutura de difusión da Igrexa Católica para dar coñecer estes contidos. A outro nivel, a campaña Mira por el traballa tamén na socialización do noso patrimonio mediante anuncios e diferentes accións en escolas e outros ámbitos. Pequenos pasos para un grande fin.