Historias que ninguén cre Escritor/a:
Ánxel Fole
Ed. Galaxia,
2004 | Clásicos
Puntuación: 1.8/5 (31 votos)
Considerado un dos mestres galegos do relato, Ánxel Fole publicou o seu derradeiro libro co fermoso título de "Historias que ninguén cre" .Editorial Galaxia reedítao agora dentro da recén iniciada Biblioteca Ánxel Fole, a carón de "Contos da néboa", outro dos seus últimos títulos. O mestre do relato curto volve engaiolar lectores e lectoras cun caso de parapsico- loxía, coa historia dun galo de catro patas e coa dunha pinga de sangue.
O mundo de Fole abrangue con total naturalidade todos aqueles fenómenos que hoxe consideramos "paranormais" Baseándose na cultura popular, o narrador lugués asimila e reelabora toda unha unha tradición, a narrativa oral, incorporando o seu coñecemento da literatura contemporánea. Cómpre non esquecer que a súa orixinalidade radica no peculiar uso do humor e na concepción do pensamento fantástico como parte da natureza e da realidade.
"Historias que ninguén cre" inclúe vinte relatos de enorme interese e cos que se completa un universo narrativo singular, elaborado a partir dunha abraiante riqueza lingüística e cunha enorme capacidade para xogar coas convencións do xénero fantástico, revirándoas ata lograr marabillas como contar a historia dunha simple pinga de sangue. Un dos poucos e privilexiados autores cunha obra que permite a lectura en voz alta sen que deixe de fascinar en ningún momento.
[Presentación editorial]