Puntuación: 2.0/5 (44 votos)
Manuel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e da vangarda, a súa obra está considerada un dos meirandes achados da poesía galega da primeira metade do século XX. Editonal Galaxia pubhca na coleccion Dombate o seu poemano "Foulas" , nunca editado ata o de agora de forma independente, como obra autónoma con entidade de seu.
Manuel Antonio deixou este libro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabell incluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada tamén por Galaxia no ano 1972. A colección Dombate recupérao seguindo a súa política editorial de publicar, a carón das novidades, aquelas obras que considera fundamentais para un mellor coñecemento da poesía galega, obras que inflúen nos poetas de hoxe e configuran unha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento.
A poesía de Manuel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. "Foulas" é un libro singular no que Manuel Antonio comeza a experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboración orixinal da tradición popular. A obra do poeta de Rianxo é unha das máis orixiriais e anovadoras de toda a moderna tradición poética galega.
[Presentación editorial]