"Animaliños" é a terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual, que ven precedida polas outras obras do autor: "Anxeliños" e "Criaturas". Nesta ocasión o tema que aborda é o da relación que a nosa sociedade estabelece coa natureza. E faino unha vez máis desde a ironía e o humor, a través duns personaxes estereotipados e dos seus xeitos de relacionarse nun marco común: o xardín dun chalet dunha urbanización de adosados ás aforas dunha cidade. Todo sempre en clave de humor, e cun importante trasfondo de crítica social. A edición e introdución do libro son de Luis Alonso Girgado, Teresa Monteagudo e Manuel Quintáns.