Ao longo da súa obra, Castelao sempre tivo moi presente a mirada dos nenos e das nenas. Esa mirada sobre as cousas da vida que aos adultos se lles escapan e que os máis novos si son quen de advertir. As cousas dos nenos e das nenas, tamén as cousas dos seus compañeiros de xogos, de alegrías e de penas, os animais, están presentes en cada unha das páxinas deste libro co que Castelao, o Castelao de sempre, chega de novo ás vosas mans. [contracapa do libro]