O primeiro título da colección de Cociña infantil e familiar está dedicado a “Bocadillos e Sándwiches”. Presenta un total de 20 receitas variadas, desde un pan pizza ou un rolo de sándwich até un cornete de pavo e verduras. Todas elaboradas con ingredientes sinxelos e técnicas de cociña moi básicas que animarán os máis pequenos a meter as mans na masa.
Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, e fotografadas por Tono Arias.