“Sobremesas” ensina como preparar un flan de regaliz ao microondas, unhas muffins de chocolate e abelás ou unha ensalada de froitas con camisa de chocolate branco e negro, entre outras moitas opcións doces e divertidas, coas que sorprender a toda a familia.
Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores da escola de Hostalería de Sober Miguel Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez, Xenxo Pereiro e ilústrase con fotografías de Tono Arias .