culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

O máis "in" da nova banda deseñada de autor (3)

Seguimos o noso percorrido polos soldados máis aguerridos da nosa vangarda. Mulleres e homes valentes sen medo a romper o medio que aman. Aqueles que cun lapis na man seguen a berrar "máis alá!".

Novenoscopio
27 / 9 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Tom Gauld e Simone Lia (Cabannon Press)

Dous graduados do Royal College of Art e residentes en Londres, déronse a coñecer ó mundo a través dos seus fanzines feitos a medias e autoeditados polo seu selo Cabannon Press; First e Second. A súa carreira por separado inclúe títulos como Guardians of the Kingdom, 3 Very Small Stories de Tom Gaul e Fluffy de Simone Lia, ademais do seu labor profesional e alimenticio como ilustradores.

Tom Gauld é un caso exemplar de autor compulsivo; procedente de Aberdeen (Escocia) dende cativo as marxes dos seus cadernos estiveron cheas de debuxos, ó tempo consumía todo tipo de lecturas dende Asterix ata 2000AD - a celebérrima publicación da que sairon persoaxes como o Xuiz Dread- aínda que nunca estivo enganchado ó xénero superheroico; "penso que é -apunta él-porque na tenda local só tiñan o 2000AD e cousas así".

Desta conxunción existía xa unha pulsión narrativo-gráfica, aínda que non sería ata a entrada na escola de arte que, apoiado polo seu profesor Andrei Klamovsky, tentaría levar a cabo o seu primeiro fanzine de bd; "Pregunteille a outros compañeiros se querían facer unha revista (First) comigo. Ó final acabamos sendo só Simone e máis eu, as nosas historias parecían ficar ben xuntas".

O caso de Simone é ben diferente, pese a que tamen foi unha debuxante compulsiva dende rapariga non tiña a obsesión de Tom por facer cómics, un medio que lle pasara desapercibido, e desenvolvíase profesionalmente como ilustradora de contos infantiles. Foi o propio Gauld quen vendo que moitos dos seus temas sobrepasaban as barreras da industria do conto prepuber por seren moi adultas, lle propuso a Lia facer cómics; "ensineille algúnhas boas bandas desinadas (Jimmy Corrigan de Chris Ware, creo) e púxose enseguida a facer o material para First".

Graficamente os seus estilos están bastante afastados; Tom é un admirador de Gorey e as súas atmosferas tramadas son debedoras del, mentres que Lia usa unha base de debuxo moi naïf xunto a unha tinta moi expresiva. É nas súas historias onde se encontran a maioría dos parecidos. Ambos gozan dun forte sentido do humor, bastante negro en ambos casos, e fannos viaxar dende a fantasía ou a singularidade na que se atopan os seus personaxes (dende os doces coellos, lámparas, ou torradas de Simone ata os astronautas, soldados medievais, ou loitadores mexicanos de Gauld) ata os momentos cotiáns (e polo tanto universais) que relatan.

Chegar a esta concepción zen da narrativa levoulle, ao menos a Tom, un tempo: “ Aos vinte anos tentaba ser arty e angustiado na escola de arte. Sentíame moi presionado en facer iso. Despois simplemente empecei a ser tonto e funcionou mellor (...) Gústame escribir sobre cousas cotiás. Pero gústame debuxar cousas épicas. Por iso acabo facendo historias sobre astronautas indo en bici pola lúa”
Ligazóns
Entrevista a Tom GauldCabannon Press

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org