culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

O máis "in" da nova banda deseñada de autor (1)

Curtidos nos fanzines, moitos autores novos despuntan grazas a publicacións independentes como Spoutnik, Patate Douce, Stripburger ou Strapazin. Esta serie de artigos dache a coñecer os novos xenios.

Novenoscopio
9 / 11 / 2005
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Curtidos nos fanzines, moitos autores novos (e non tan novos) empezan a despuntar grazas á proliferación de publicacións independentes como Spoutnik, Patate Douce, Stripburger, ou Strapazin. Non son nin Thompson nin Hornschermeier, pero non quererás ficar desfasado, non si? Nesta serie de artigos fálase do máis "hype" do mundo da banda deseñada independente actual. Poden ser "the next big thing"... e queiman!!!

Kevin Huizenga (Chicago, 1977).

Dá os seus primeiros pasos na BD nos fanzines, nos famosos mini-comics, dos que leva tirado arredor de 25.

As súas historias aínda que mostran unha clara influencia do xénero costumista autobiográfico inclúen cada vez máis elementos ficticios, motivos hilarantes e lisérxicos, que levan o protagonista (o propio autor) através de historias que agachan parábolas ou reflexións líricas sobre o mundo do común.

O seu debuxo podería incluirse na liña do "cartooning" tradicional americano das "strips", aínda que bastante máis solto e menos preocupado por un acabado "perfecto".

Ten estado nominado aos premios Ignatz como Novo Talento Máis Prometedor e ao Mini-cómic Máis Sobresainte no 2002.


Geneviéve Elverum (Québec, 1981).

Aínda que medrou rodeado de centos de BDs como Tintin ou Mafalda, o seu interese pola auto-publicación xurdíu cando visitando unha tenda de cómics co seu pai, este exclamou ante a portada do "Dirty Plotte" de Julie Doucet "se eu fose unha rapariga, faría bandas deseñadas como estas!".

Desta maneira, Julie Doucet tiña que ser unha das súas influencias, especialmente no gráfico. Aínda así o seu acabado é moito máis amable e preciosista que o de Doucet. Moito máis axeitado para as historias oníricas que conta, similares nalgúns aspectos ás de David B., outra das súas grandes referencias tanto gráfica como argumental, e penso que mesmo narrativamente.


Nicolas Robel (Québec, 1974).

Este canadense de nacemento, vive en Suiza onde traballa como deseñador da súa propia firma de artes gráficas B.ü.L.b Factory coa que ten editado luxosas edicións en serigrafía de moitos autores europeos e americanos.

Os seus tebeos tamén abordan o fantástico e o onírico dende o costumismo, se ben as súas atmosferas son máis agoniantes e desoladoras que os dos anteriores. As historias de Robel son pesadelos sobre a soidade e a incomunicación, non as historias surrealistas de Huizenga ou a inxenuidade näif de Elverum.

O seu debuxo tamén ten débedas na liña clara tanto americana como europea, pero no que na tradición era limpo, valeiro, aquí nunha sorte de horror vacui convértese nun motne de trazos nerviosos que contribúen a reforzar as xa de por si agoniantes historias de Robel.

Outro aspecto a destacar deste autor é a utilización da cor, como experto que é en artes gráficas Robel soe xogar con dúas tintas superpostas dun xeito exquisito, cunha selección cromática poucas veces vista.

E no próximo artículo ide apuntando nomes como: Kurt Wolfgang, Matt Broersma, ou Kevin Scalzo!!!
Ligazóns
Páxina de Kevin Huizenga.Páxina de Nicolas Robel.Páxina de B.ü.L.b Factory.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org