Cerebus
¿Que ten Cerebus que o fai tan especial?
Coa publicación o ano pasado do volume recopilatorio titulado Alta Sociedad por parte da editorial Ponent Mon, un dos sonos de moitos dos afeccionados ó comic viuse feito realidade. Por fin, despóis de toda unha vida comiqueira escoitando falar da obra e do seu autor, Cerebus de Dave Sim, tiña, oficialmente, unha edición en castelán.
Un ano despois, aproveitando a saida do segundo tomo recopilatorio, Iglesia y Estado, imos tentar facer unha pequena introducción ó mundo Cerebus e a súa importancia dentro da industria do cómic.
¿Que ten Cerebus que o fai tan especial? A resposta a esta cuestión témola que atopar nese espazo intermedio onde obra e creador fúndense nun só ser. Cerebus non se pode entender sen coñecer a vida de Dave Sim, e podemos decir que a vida de Dave Sim foi, e será, Cerebus.
En España, a serie sempre tivo o atractivo do inalcanzable e prohibido, posto que non foron pocas as veces nas que Dave Sim confirmou a súa decisión de non permitir edicións traducidas de Cerebus, debido á imposibilidade do autor de verificar a exactitude das traduccións por si mesmo. Cerebus sempre foi a serie que nunca se publicaría en España. E así foi, ata que no 2010, motivado quen sabe por qué razons, Dave Sim abre a súa creación ó resto do mundo, España incluida.
No xa lonxano 1977, un novo Dave Sim, comeza unha serie que ía cambiar os cimentos da industria do cómic. Sen pretendelo, e ante a falta de posibilidades para comercializa-lo seu traballo, Dave Sim comeza a autoeditar Cerebus dunha maneira totalmente artesanal. Nunha época onde Internet era ciencia-ficción, este rapaz conseguiu desafiar ós grandes grupos editoriais creando un movemento independente e de autoedición que logo seguirían autores coma Jeff Smith (Bone) ou Terry Moore (Strangers in Paradise).
Durante máis de 300 números e 27 anos da súa vida, Dave Sim mantivo o seu compromiso coa súa creación, rexeitando tentandoras ofertas editoriais na época de esplendor da serie, e aguantando ata o final nos momentos de malas ventas.
Cerebus, o porco formigueiro, comezou sendo unha descarada parodia das series de fantasía heroica coa persoaxe de Conan coma principal referente. Durante os primeiros números da serie, Sim adicouse a facer un simple divertimento con certas concesións argumentais acompañadas dunha búsqueda no aspecto gráfico, na que Cerebus era simplemente un bárbaro cuxas preocupaciones básicas eran as boas pelexas, os cartos e gastar todos estes cartos en bebida e mulleres.
A medida que os números foron pasando e que o proxecto acadaba unha certa solidez, o autor reflexionou sobre as posibilidades da súa creación. Despóis de 25 entregas que podemos calificar coma de preparación gráfica, a verdadeira esencia de Cerebus déixaxe ver a partires deste momento.
A edición española de Cerebus comeza neste punto. Unha vez máis, a polémica acompaña á serie. Non son poucos os lectores que reclamaban unha edición cronolóxica da mesma, comezando polo número un. Persoalmente, penso que a decisión é acertada, posto que estes primeiros episodios poderían levar a certos lectores a un equívoco debido ó radical xiro temático que a obra da con Alta Sociedad.
Desde este intre, Dave Sim abandoa a parodia e comeza a tecer unha sátira política moito máis profunda e complexa que se acompaña dunha proposta gráfica moito máis madura, sempre a medio camiño entre a caricatura e o realismo, axudado neste campo do seu inestimable colaborador Gerhard.
Neste momento é cando podemos apreciar en todo o seu esplendor outra das súas características; a experimentación narrativa. A composición, a ruptura das marxes da páxina e do senso de lectura, os baleiros, a ausencia de viñetas definidas, a tipografía, as técnicas de meta-cómic, a intercalación de textos en prosa, etc… todo elo posto en escea cun excepcional dominio do uso do branco e negro. Unha delicia para calquera afeccionado ó medio.
A miña experiencia persoal dime que, tras a excelente acollida de Alta Sociedad, moitos lectores saciaron a súa curiosidade lectora e cubriron as súas necesidades como coleccionistas. Sería unha mágoa que, ante a inmensidade do océano Cerebus, moitos só mollaran os pes nas bonitas praias pero non se atreveran a nadar un pouco máis lonxe. Invítovos a todos a continuar coa experiencia. Certo é que logo chegarán as tormentas en forma de acusacións de misoxinia e o desvarío temático da trama, pero eso é area doutro costal. Carpe diem!. Disfrutemos do momento e disfrutemos dunha serie que nunca ía ser traducida no noso país.