culturagalega.org

inicio / colaboradores / por

por

Regala banda deseñada

Suxestións de agasallos para Nadal

9 / 12 / 2010
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Voltamos a estar nesas datas tan sinaladas no calendario consumista e, da mesma maneira que fixen o ano pasado, volvo á carga cunha serie de recomendacións comiqueiras que espero vos faciliten un pouco as dúbidas existenciais sobre qué regalar e consecuentemente vos decidan finalmente a agasallar cunha banda deseñada ós vosos seres queridos

Déixovos uns poucos exemplos. Non os tomedes coma referencias absolutas se non coma unha porta de entrada a un mundo de infinitas posibilidades. Ó fin e ó cabo, ¿quen mellor que vos coñece os gustos dos futuros agasallados?

Imos aló.

ASTERIOS POLYP (SINSENTIDO)

Unha referencia clave para tódolos puristas do cómic. Esas inquedas mentes que buscan sempre unha volta de mais e as que non lles gustan as cousas moi mascadas.
Asterios Polyp ten moito de experimental e vangardista, pero realmente, mais alá da imaxinería gráfico-narrativa, o realmente importante é que hai unha historia de fondo. A forma sempre é importante, e mais con personalidades coma a de Mazzuchelli, pero as obras que sobresaen son aquelas nas que o equilibrio entre fondo e forma é o correcto e adecuado. Unha obra que dará moito que falar.

EL INVIERNO DEL DIBUJANTE (ASTIBERRI)

Despois de conmovernos a todos en Arrugas co doce e agarimoso tratamento dunha enfermidade tan dura e desoladora coma o Alzheimer, e tras un paréntese un pouco máis lúdico chamado Las calles de arena, Paco Roca, premio nacional de cómic, volve con outra obra cociñada en aromas de obra mestra.

A historia dos debuxantes de cómic que ala polos anos 50, fartos das ataduras que o réxime franquista exerce na editorial Bruguera, deciden dar o salto e formar a revista Tío Vivo. Un fragmento clave na memoria comiqueira patria e que como soe pasar con tódolos grandes relatos, acaba transcendendo a historieta para converterse no documento dunha época e toda unha xeración.


BLACKSAD (NORMA EDITORIAL)

O regreso do gato detective. Cuarta entrega da serie que reina no esixente mercado francés, e por ende, no español. Unha trama de xénero negro que surfea no superlativo universo gráfico posto en xogo polo debuxante Juanjo Guarnido. Sen dúbida, unha das series de maior poderío visual dentro do mundo do cómic actual.

Cuarto álbum que constitúe a primeira etapa dunha nova viaxe, cos mesmos protagonistas pero con diferentes intencións. Imposíbel de chegar á lectura desta obra sen sentir a sensación de ser testemuñas dalgo grande.





CIVIL WAR (PANINI)

A saga destinada a cambiar, unha vez máis, o universo Marvel chega agora recompilada nun bonito tomo que se antolla ideal para o regalo navideño.

Ante a idea de ter que revelar ó goberno a sua identidade secreta, os superheroes divídense en dous bandos. O Capitán América liderará o bando dos proscritos, mentres que Ironman será o líder dos adeptos gubernamentais. Por suposto, a cousa no podía acabar senón en liorta. E das boas.

Puro cómic de pipocas, ideal para liberar a mente despois dunha dura xornada laboral.


LOS MUERTOS VIVIENTES (PLANETA)

Os zombis están de moda. É un feito. Coa chegada da serie de televisión, non estaría de máis que moitos dos que non fan outra cousa que falar marabillas desta, souberan de primeira man que estas historias teñen a súa raíz nunha banda deseñada.

Unha serie onde os zombis deixan de ser os protagonista ás poucas paxinas. Nese momento, os superviventes pasan a se-lo motor da trama, facéndonos testemuñas dos límites, morais e físicos, do ser humano cando o fin último é seguir vivo.

Doce tomos publicados ata o momento sen que a serie perda un ápice de calidade. Todo o contrario, canto máis lees, mellor te parece todo.


O FILLO DA FURIA (DEMO)

Banda deseñada en galego. Unha obra que recolle os derradeiros anos de vida do Toribio, un bandoleiro habitual das portadas dos periódicos do momento, alá polos primeiros anos do 1900, e cuxa vida e accións só podían levar ó nacemento dunha lenda.

Manolo López Poy e Miguel Fernández, recollen parte desta lenda e lévana ó contexto histórico, mesturando feitos e lugares reais, con outros acontecementos que ninguén ten moi claro onde situar, se na realidade ou na lenda.

Paraxes coñecidas coma As grañas do sor, O casino de Ortigueira, A parroquia de Freixo, e coma non, os montes ós que unha e outra vez acudía Toribio fuxindo, son os escenarios que dan testemuña de todas e cada unha das aventuras deste personaxe.


Estas son unhas cantas suxerencias de miles posibles. De tódolos xeitos, coma vos dicía antes, vos sodes quen coñecedes mellor os agasallados. Con este coñecemento, e coa axuda de voso libreiro favorito, seguro que atopades a banda deseñada perfecta para cada agasallo. Por experiencia, pódovos asegurar que cando se da no cravo, unha banda deseñada é un regalo que permanecerá no recordo.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org