culturagalega.org

inicio / colaboradores / por

por

Agasallos de Nadal

Ideas para ser orixinal nestas festas coa banda deseñada

9 / 12 / 2009
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Únete ó movemento. En Nadal, agasalla banda deseñada. Unha forma orixinal de sorprender os teus e que vos fará felices a ámbolos dous. Ti vendo a cara da persoa que recibe o cómic e o agasallado vendo que, por fin, alguén fai caso ás suas demandas.

Coa fin de que a tarefa sexa máis doada, aquí vos deixo unha pequena lista de títulos, a xeito de suxerencias, catalogados polos posibeis receptores.


Marcopola (Jacobo Fernández/Bang)

Ideal para os máis pequenos da casa coma iniciación no mundo do cómic. Desde 7-8 anos, esta banda deseñada está pensada coma porta de entrada. Moitos lembrarano por sempre como o seu primeiro cómic.
Se eses pequenos xa están enganchados ó fenómeno manga, e dicir, se xa pasan dos 12 anos, un nome surxe con voz propia; Naruto (Glenat) é a súa biblia particular. Esta é unha opción garantida ó 100%, mais hai outras coma Fullmetal Alchemist (Norma), Fairy tail (Norma), Bleach (Glenat) ou se falamos de rapazas Nana (Planeta).


The Ultimates: Superhumanos ( Millar-Hitch/Panini)

Edición de luxo para o primeiro volume dos Ultimates, ou o que é o mesmo, a versión para adultos dos Vingadores de toda a vida. Unha BD feita a medida de todos eses que din que os superheroes son aburridos e para rapaces con moito tempo libre. A recomendación poderiase facer extensible a todos aqueles que ven todas e cada unha das adaptacións cinematográficas dos cómics de superheroes, pero que logo non collen un na man nin que lles paguen.


Tamara Drewe (Posy Simmonds/Sinsentido)

Ainda que é un cómic que pode chegar a calquera tipo de lector, para esta lista vouno pór coma agasallo perfecto para o sector feminino da casa, sobretodo se falamos dunha lectora habitual de novela (mais isto non e un requisito indispensabel).


Las nuevas aventuras de Esther: Tomo 3 (Campos-Portela/Glenat)

Seguimos co sector feminino da familia, rachando co dito popular de que o cómic só e para homes. Xusto a tempo para o Nadal, chega o terceiro tomo das novas aventuras de Esther pechando un ciclo argumental. Unha BD que non precisa presentación e que fará a delicia das fans máis acérrimas. Se a tu moza, muller, irmá, etc... non ten este cómic, asegúroche que a farás feliz se lle agasallas a colección completa.


Génesis (Crumb/La Cúpula) e Inside Moebius (Moebius/Norma)

Dúas referencias escollidas pensando nos avós comiqueiros. Eses que están todo o tempo a falar da época na que lían cómics en míticas revistas coma Cimoc, Zona 84, El Vibora, etc… pero que dende daquela non volveron interesarse no tema. Para todos eles, as novas propostas de dous clásicos coma Crumb e Moebius.


Gothic Fall (Suzanne Gildert/Norma)

Para as lolitas góticas do grupo. Puxen este título por ser dos máis recentes, mais poderiamos recomendarvos media ducia máis. En todo caso, se este non vos convence, Victoria Francés e os seus Favoles ou Luís Royo sempre son unha aposta segura.



Incognito (Brubaker-Phillips/Panini)

Cómic para ler papando flocos de millo, pero con moita calidade. Un tomo, unha historia. Sen continuacións. Pode ser unha boa opción para aqueles de gozan coas boas historias de xénero negro, pero que están cansos dos detectives con sombreiro nos Estados Unidos dos anos 40.


Monster (Urasawa/Planeta)

Manga para adultos. Perfecto para romper prexuizos e amosar que dentro do manga hai cabida para todo tipo de obras. Eu recomendaríavos agasallar esta obra a eses amigos, compañeiros de traballo, etc… cos que mantemos unha relación de amor-odio. Dígovos isto porque ó mesmo tempo que se levarían un gran cómic, nós gozaríamos sabendo de antemán as horas de sono que a historia lles vai quitar en canto pasen a primeira páxina.

George Sprott (Seth/Mondadori)

Precioso, tanto no seu envoltorio coma no seu contido. O destinatario ideal sería un lector habitual de cómics, que xa tivera certa experiencia coma lector.


Be a nose (Spiegelman/Mondadori) e Viaje Secreto (Hugo Pratt/Norma)

Para rematar, dúas suxerencias para tentar sorprender ós máis exquisitos coleccionistas, eses ós que é imposibel regalarlles un tebeo porque sempre van á última. Dous libros que sobresaen pola súa presentación e que moitos de nós non mercaríamos pero si que agradeceríamos que nos fosen agasallados.


Ó final a cousa resultou moito máis difícil do que parecía. Por favor, non tomedes estas referencias coma unha lista definitiva ou absoluta. Todo o contrario. Seguramente, se fago as recomendacións dentro de dez minutos, sairíanme outros títulos distintos.
O importante, e o principal motivo de esta columna, é que teñades presente a opción de regalar cómics nestas datas. Se as suxerencias de arriba vos serven de axuda, xenial. Pero lembrade que non moi lonxe de vós, haberá un libreiro que saberá recomendarvos o cómic perfecto para cada persoa.

Que non se vos esqueza. Este Nadal, sede orixinais e AGASALLADE BANDA DESEÑADA!

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org