Todo o mundo olla para Angoulême
O festival continúa sendo unha referencia inexcusable
En toda axenda dun bo afeccionado á banda deseñada, debería figurar con letras maiusculas o facer unha visita ó festival do comic de Angoulême, na non tan lonxana Francia. Para todos aqueles ós que este nome non vos diga nada, decirvos que Angouleme é unha pequena cidade do sudoeste de Francia, que tódolos anos, dende xa hai mais de 30, celebra un festival da banda deseñada que, por méritos propios, é unha referencia a nivel mundial. No marco dunha cidade medieval, castelo incluido, a maxia deste festival reside na súa capacidade de mimetizarse ca mesma cidade, levando ó comic a todos e cada un dos seus recunchos, e fancendoo partícipe do día a día dos seus habitantes.
Velaí que paseando polas suas rúas, o visitante pode atopar deceas de murais con personaxes do cómic realizados por autores coma Loustal, Dupuy and Berberian, Yslare, Zep, etc… tamén pode visitar exposicións de BD cristiana no interior dunha igrexa (imposibel atopar mellor recinto para este tipo de exposición), comprobar como nunha carnicería se organiza unha sesión de firmas, do autor que sexa, mentras os clientes habituais fan a súas compras ou coma todos e cada un dos locais comerciais da zona decoran os seus establecementos con motivos e perxonaxes da BD. A cousa ten boa pinta, ¿non?.
Por se fora pouco, á marxe da vila en si, o afeccionado máis esixente encontrará unha serie de espazos comerciais habilitados en forma de carpas, onde todas e cada unha das editoriais que teñen algo que dicir no panorama comiqueiro francés están presentes, promocionando os seus autores e vendendo as súas obras. Miles e miles de cómics a plena disposicion do comprador, e moitos dos seus creadores, presentes para facer dedicatorias ós seus fans. Por certo, é curioso como o profesionalismo da BD francesa chega incluso ata os coleccionistas. Moitos deles fan da sua afición unha profesión, e son quen (ataviados con sillas plegables, comida e bebida) de esperar durante horas en colas interminables co só obxetivo de levarse un “recordo” do seu autor favorito.
Pero se todo isto fora pouco, ainda queda o CNBDI, o museo do cómic con sede en Angoulême. Durante todo o ano, este museo ten exposicións permanentes que mostran planchas orixinais dos mellores autores do cómic pasados e presentes. Pero durante a semana que ten lugar o festival, estas exposicións multiplícanse por dez, podendo atoparse retrospectivas dos diversos autores invitados. Sólo a visita a este museo require un día enteiro do noso tempo. Bo, un día se non queredes entrar na tenda que hai na planta baixa do museo, porque se entrades nesta tenda (sen dúbida unha das mellores tendas de Francia) creo que podedes pasar outro día simplemente vendo cómics ó tempo que a vosa conta corrente baixa alarmantemente.
O festival de Angouleme é todo isto, pero tamén moito mais. Ver centos de miles de persoas reunidas cunha mesma afición, comprobar como unha cidade adopta a banda deseñada como o seu fillo pródigo, cruzarte nas súas rúas con Moebius, tomar unha cervexa no Chat Noir co Gran Mahler ou escoitar a Sfar tocando o seu Ukelele, etc... Non e posibel reflexar tódalas sensacións por escrito.
Por suposto, non todo é un mundo de soño dentro deste festival. Tamén ten os seus rincóns máis escuros e o seu lado negativo. Moitos dirán que co tempo o festival é un puro mercado e que o lado cultural cada vez ten menos importancia. Outros dirán que unha vila tan pequena non é a ideal para acoller un acontecemento deste tipo. Moitos máis dirán que sempre vai frío, que atopar aloxamento é unha tarefa titánica e incluso haberá quen diga que todo aquelo está cheo de franceses. Pode ser que a todos os que din cousas como estas non lles falte razón. Pero este texto intenta reflexar o lado positivo de Angoulême, aportando razóns para visitar o festival. Quizá esoutros temas sexan teima doutra columna a modo de “Guía de supervivencia no festival de Angouleme”.
Cando a xente me pregunta por este festival, eu sempre dou a mesma resposta; “Todo bo aficionado debería ir unha vez a Angouleme para ter a seguridade de que non debe volver”. A frase tería sentido se ano tras ano non a traicionara volvendo unha e outra vez ó festival.