O mais "in"
A nova banda deseñada de autor (6)
Novenoscopio
23 / 4 / 2008
Falábamos fai pouco da pobreza que moitos dos émulos de L´Association que habitan as páxinas da Bd dos nosos veciños do norte (con permiso de Andorra) facían gala nas súas obras. Pero non todo está perdido entre a xuventude francesa, un grupo de autores entroncados coa tradición están a facer dun xeito moito máis persoal o seu propio camiño.
Sebastien Lumineau
A primeira vez que oín falar deste autor foi en boca dun dos popes da nova BD francesa, Blutch, no 2006. Recomendaba encarecidamente a compra do primer monográfico deste nome
Une Vintaigne nunha charla no Festival de Angulema.
Non é casualidade que fora Blutch quen chame a atención sobre este autor, os dous mostran o mesmo senso do humor irónico e caustico fronte o cotian, casualmente os dous coinciden no
Charlie Hebdo.
Sen embargo non confundamos estes parecidos coa súa enfoque narrativa gráfica, contrariamente a Blutch, Lumineau opta por unha liña periodistica, e adopta modismos propios da banda deseñada tradicional francesa.
Lumineau xoga coa narrativa e gusta dos experimentos, tamen irónicos e causticos. Bo exemplo é
Fido Face á son Destin, editado o ano pasado e nomeado como un dos imprescindibles do pasado Festival de Angulema.
Émile Bravo
Tamen mostra reverencia pola tradición Emile Bravo (1964), o seu traballo forma parte da escola de Bruselas, a liña clara, máis tradicional, e porque non dicilo recalcitrante.
Sen embargo o seu traballo pode atoparse en revistas de prestixio internacional coma
MOME ou
COMIX 2000, en parte debido os temas e enfoques que lleda o seu traballo. Está interesado en mostras as caras máis escuras da humanidade, tamen dende certa perspectiva alonxada e irónica, pero cun poso moito máis desgarrador do que atopamos en Lumineau, quizáis porque o lápis de Bravo viaxa ós grandes dramas históricos e contemporaneos, dende a guerra mundial, ata o conflicto palestino-israelí.
En España podemos atopar o seu traballo en publicación coma
El Manglar.
Stéphane Oiry
Nacido no 1970, o traballo gráfico de Stéphane Oiry aproveita moitos dos recursos da ilustración contemporanea, mezclados coa lonxeva tradición francesa, pero nel si que podemos rastrear referencias a L´Association, o seu estilo ten unha viveza e unha frescura similar ó de eles. A súa modernidade é sobretodo gráfica, no narrativa entregase a unha narrativa clásica, non por iso menos efectiva, que pode recordarnos a Dupui et Berberian.
As súas historias son sinxelas, cotias, e humorísticas, pero executadas con mimo, e cunha sensibilidade que se nota fruto da observación do seu entorno (a xestualidade, os decorados, as roupas) xigantesca.
É Stéphane Oiry probablemente un gran artesan que sen chegar a ter a forte personalidade dos dous anteriores, sen ofrecernos nada tan realmente novo, consigue atraparnos, co seu bo facer. As veces ese pode ser o mellor dos valores.
Podemos disfrutar do seu traballo en series como
Les Passe-Murailles ou no seu webcomic
Roncho et Grognon (http://ronchonetgrognon.canalblog.com/).