culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

Unha flor no "lameiro" da BD francesa

A comezos dos noventa un grupo de xoves autores pretendían recuperar a frescura no panorama galo da banda deseñada con L´Association, mais despois de triunfar dentro e fóra das súas fronteiras, os seus estilos convertéronse en fórmula.

Novenoscopio
26 / 2 / 2008
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Comezos

Canto tarda en apodrecer unha flor?

Unha flor é o que crearon durante moitos anos os membros de L´Association, formada en 1990 por Jean-Christophe Menu, Lewis Trondheim, David B., Mattt Konture, Patrice Killoffer, Stanislas e Mokeït.

Pretendía dar saida a creacións que non tiñan cabida nunha industria centrada nos albumes de 48 páxinas a cor, obras de lonxitude relativa (o autor decidía), xeralmente en blanco e negro que abordaban historias cun enfoqe moi diferente ao album comercial do momento.

Durante 15 anos publicar en L´Association non reportaba cartos pero si certo prestixio, aquí comezaron a súa andadura non só os seus fundadores, tamén xente como Joann Sfar ou Marjane Satrapi.

Éxito

A mediados dos noventa empeza a haber un trasvase dos autores de L´Association para as grandes editoras, con series que acadan certo éxito. As súas obras comezan a ser publicadas por todo o mundo a finais da decada, cruzan a fronteira: A ascensión do gran mal, Persépole, A Mazmorra, Isaac o Pirata, etc. L´Association (ou os seus autores) ten conquistado a xente; o seu enfoque dos xéneros clásicos, baixo unha óptica subxectiva e cotián triunfa entre os lectores.

Cisma

Mais é precisamente neste momento cando as grandes editoras, que xa teñen máis que exprimidas as estrelas de L´Association, procuran outros autores para que se adapten a eses presupostos estéticos, creando una formulada sobada e manierista.

Menu, fundador e director editorial de L´Association monta en cólera, escribindo varios artigos nos que fala da debilidade artística da industria francesa, pondo especial atención nas versión descafeinadas do estilo de L´Association que editan as grandes compañías de edición.

Artigos que o enemistan con varios dos autores de L´Association que trababallan para elas, provocando a saída de David B, Trondheim e Sfar. Mais o que desde a óptica de Menu é venderse ao capital, pode ser visto como a aceptación por parte das compañías da liberdade artística.


Futuro

Tanto é así, que algúns deses autores se encontran na actualidade á cabeza de subselos de grandes compañías; Trondheim está en Shampooing de Delcourt e Sfar en Bayou en Gallimard.

Botar un ollo ó seu catálogo descúbrenos que non é ouro todo o que reloce, non sabemos se porque estes autores delegan noutros editores, ou porque a actividade autoral non é a mesma que a editorial, mais dá a sensación de que se confirma o que Menu di: Versións descafeinadas do estilo de L´Association, como Trois Ombres ou Capucin.

Se cando naceu L´Association o mercado francés estaba ateigado de mediocres imitadores dos grandes xenios anteriores como Moebius, ou Boucq, non é dificil imaxinar un futuro plagado de imitadores de Sfar, Trondheim, ou Blain. Vai sendo hora de que medre unha nova flor, nun medio, o da BD francesa, que volta a estar artisticamente viciado.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org