culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

O mais "in" da nova banda deseñada de autor (5)

Paper Rad, Marc Bell, e Ron Regé Jr. Propoñemosvos un percorrido pola cara máis psicotrónica e `trash´ da nova xeración de autores canadenses. Se o mundo non paga a pena, alguen terá que inventar outro.

Novenoscopio
19 / 9 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Colectivo Paper Rad ( creado no 2000)

Formado por Jacob Ciocci, Jessica Ciocci e Benjamin Jones e adicado a eidos tan diversos como a pintura, a música, as performances, a animación, o net-art, ou ó que nos ocupa, a banda deseñada, Paper Rad mestura situacións familiares con enfoques inesperados, nunha sorte de psicodélicas historias non-sense que nos remiten paradóxicamente ó máis común.

Graficamente son tan naif como Kitsch, paletas cromáticas imposibles, e unha habilidade debuxística limitada, que sen embargo parece casar á perfección coas súas premisas éticas; son unha sorte de art brut no tempo da música nu-rave. Nas súas propias palabras: "Nos 70 e 80 os debuxos e os produtos electrónicos eran máis grandes e `trash´ que nunca e deixaban abraiados ós rapaces... Agora eses rapaces medraron e están flipando a todo o resto do mundo usando a mesma estratexia `trash´".


Marc Bell (Vancouver, 1971)

Como tantos outros dos autores que dos que temos falado nesta sección Bell é un adito da autopublicación, ducias de títulos como Mojo Action Companion Unit, Gooma, Knoze Clipppah! o corroboran.

Cun estilo deudor do Crumb máis psicodélico ou de Gary Panther, Marc Bell constrúe irreverentes historias psicotrónicas con bizarros personaxes normalmente en extravagantes situacións. A súa posta en páxina é ás veces tan complexa e rica que ten un valor plástico propio, moitas das súas páxinas son exhibidas por separado como arte plástica, aínda que hai que dicir na súa contra que por esta razón pode resultar moi denso ou directamente ilexible, o certo é que non estou seguro de que iso lle preocupe o máis mínimo a el.

Ron Regé Jr. (Quincy, 1969)

1991 sorprendeu a Ron traballando nunha fotocopiadora o que lle permitiu comezar niso que os americanos chaman mini-comics (fanzines). Dende daquela ata agora ten publicado en lugares tan diversos como o Kramer’s Ergot, The New York Times, e tirou unha antoloxía de seu chamada Skibber Bee-Bye.

O seu traballo de estilo `brut´ mais preciosista tenlle valido as louvanzas de `popes´ como Chris Ware, que di del: "Ron Regé Jr. é probablemente o mellor novo valor dos cómics no que podo pensar, o seu traballo afonda na tradición dos pioneiros como Herriman, Sterret, McCay, et al, ten reinventado o medio para que case coa súa propia visión idiosincrática: os seus aparentemente simples pero complexos debuxiños e liñas semellan afromar da mesma esencia da forma: son cálidos, divertidos, tristes, intelixentes, estúpidos - e o mellor de todo, vivos. O seu traballo deberían pechar todas as bocas que din que as tiras están mortas".

Complexas pero lexibles postas en páxina, un persoal mundo e estilo, historias de moi diverso calado e intención, a pesar de que Skibber Bee-Bye non me pareceu para tanto, paga pena seguir o traballo deste xoven hippy autor de cómics e músico de Lavender Diamond.
Ligazóns
Paperrad.
Marc Bell en artnet.
Ronregejr.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org