culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

Os autores de cómic e a fonte da eterna xuventude

A nivel estatal sorprende a idade media tan baixa dos autores en activo. Será que só os autores novos conectan co público medio da súa época ou hai outras escuras razóns?

Novenoscopio
21 / 6 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Épocas douradas

Se botamos unha ollada a unha das épocas douradas do cómic estatal nalgunha das súas cabeceiras míticas, e nos paramos a facer unha lista dos autores autóctonos que alí publicaban sorprenderanos darnos conta de que os que seguen en activo no medio actualmente non chegan nin ós dedos dunha man. Sen irnos tan atrás, da xeración dos primeiros noventa, tampouco quedan moitos autores en activo, e os que o fan é dun xeito prácticamente testemuñal.

Claves

Se cadra as claves desta retirada esten precisamente agachadas nos que si que continúan na brecha; Monteys, Fontdevila, Ágreda, Vergara, Alcazar, Entrialgo, Seguí, Carlos Portela, Max, etc.

Quitando os tres últimos, non é dificil ver que se trata de case a plantilla de El Jueves ó completo. No caso dos tres últimos son autores traballando en outros paises, nalgún dos casos, ou artífices de obras dun avasallador éxito editorial.

O fácil sería dicir, que é lóxico, algúns valen, e outros non. Se os demais non tiveron nin o éxito, nin a calidade suficiente o lóxico é que abandonen tras un tempo.

Sen embargo sorprenderanos darnos conta de que moitos deles son agora clasificados de clásicos; Nazario, Rodrigo, Mediavilla, Gallardo, etc. Polo tanto a cuestión da calidade está de máis.

Non só está de máis senón que todos eses autores que o deixaron, porque non puideron facer unha vida co seu traballo, publicaban. E publicaban en editoriais.

A gran diferenza non é a calidade, a gran diferenza é que os autores de El Jueves cobran dignamente, do mesmo modo que o fan noutros paises, ou os artífices de èxitos asegurados.

Risco

Fai pouco un colega dicía que “os tebeos son para os novos”, non ía desencamiñado no seu comentario; pero non polo seu público potencial, neste país os cómics son para os autores novos, sen responsabilidades nin cargas nunha gran maioría. A razón disto é que a industria do cómic é unha das poucas que non lle paga súa man de obra.

Os autores son os primeiros e principais na cadea produtiva e os últimos na hora de cobrar.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org