culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

Dicotomía dunha Industria Cultural en cernes

Co gallo da publicación das liñas xerais de apoio á BD galega por parte da Xunta botamos un ollo atrás e preguntámonos que é o que nos poden traer.

Novenoscopio
25 / 4 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
O camiño ata agora

A BD galega ten sufrido un ’boom’, especialmente mediático, nos últimos anos. As causas son varias; a confluencia de varias xeracións traballando ó mesmo tempo, especialmente a nacida a mediados dos 70 ata os primeiros 80, a proliferación de antoloxías autoeditadas, e a calidade, produtividade e nivel organizativo dos autores inmersos neste maremagnum.

Non existe durante este tempo (de finais dos 90 ata agora) ningunha estructura que sustente a BD, alén dos concursos, e das asociacións culturais (como Polaqia ou BdBanda). Non hai editoriais, e a maior parte do traballo é autoeditado, e polo tanto infrapagado para os autores que son os principais impulsores do ’boom’.

Con todo, dende fai ben poucos anos a prensa especializada e xeralista faise eco da eclosión deste movemento espontáneo, xerando un impacto mediático arredor do traballo dos autores galegos e as súas autopublicacións. Momento cumio este no que os autores (ós que lles vai chegando a idade de independizarse) e algunha publicación consideran a súa profesionalización, abandono, ou a permanencia na guerrilla autopublicada.


A feliz chegada do apoio institucional

Neste momento de encrucillada vital para autores e publicacións é cando chega a Xunta e as súas axudas, e hai que dicilo, como noutras artes, xestionalas non é tarefa doada. Toda industria cultural pode ser subvencionada de dous xeitos, tendo en conta a súa problemática e tentando solucionala, ou dando cartos ata esgotalos para mantela en pé.

É posible que axentes culturais ou non tan culturais cuxa preocupación pola BD fose nula ata o momento tenten facerse cunha parte do pastel, mentres que os autores, verdadeiros motores do éxito tal como o coñecemos ata agora, sendo ’mártires’ desta causa dende o primeiro, non vexan atendida a súa voz. Se as subvención por sacar cómic son dadas sen xeito a editoras, concellos, asociacións, etc., como se fai noutras industrias culturais, isto pode xerar unha industria de contidos empobrecidos, e profesionais malpagados.

Tamén é posible que as subvencións queden exclusivamente en mans dunha minúscula industria endogámica, cerrada e snob, facendo obras de altísima calidade que non trascendan ó público polo críptico do seu contido.

En ambas opcións a industría remata cando rematan os cartos institucionais.

Sen ter fórmulas máxicas para nada, creo que a xestión desas axudas debe pasar por axudar os autores sen esquecer as editoras. Hai que crear industria, pero para que esta se manteña debe ser de calidade, e iso comeza por pagar ben a man de obra, os autores.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org