culturagalega.org

inicio / colaboradores / Novenoscopio por Miguel Porto Novenoscopio
Novenoscopio

por Miguel Porto

Por que ler os clásicos?

Italo Calvino xa subliñou a importancia da lectura dos clásicos. Agora falamos de BDs cunha cualidade única para manter as súas historias tan vivas coma o primeiro día. ¡Aproveita as actuais reedicións!

Novenoscopio
24 / 5 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Problema de conexións

A primeira vez que me enfrontei coa importancia dos clásicos foi falando cun amigo nunha librería especializada. Tras verme mercar a edición americana en cofre de Peanuts ficou moi sorprendido. Moito máis cando a raiz da conversación soubo que tiña mercado xa daquela o tomo de Polly and her Pals e un par deles de Popeye, ademais do Little Nemo, e o Krazy Kat.

Eu non estaba menos sorprendido, consideraba o meu amigo unha persoa con certa curiosidade polo medio, e certamente tiña un gusto moi parecido ó meu. Ó preguntarlle eu cal era a razón da súa sorpresa, quedei abraiado o coñecer da súa boca que non lle gustaban os cómics antigos, e máis aínda pola razón dese rexeitamento, non conectaban con él.

É certo que os tebeos antigos distancianse moito de nós polos seus ambientes, épocas, etc. Pero non é menos certo que unha banda deseñanada de ci-fi ou histórica non describe a realidade do noso tempo. E se como estamos fartos de oir a historia do arte é unha concatenación de temas repetidos; a morte, o amor, a vida, etc? Non debería ser igual de fácil a lectura dun deses cómics ca dun clásico?

O valor dos clásicos

Non só iso. Todo artista ten unha liñaxe, nin sequera os máis rupturistas podían negar as súas influencias sexa na Banda deseñada, sexa na pintura, ou na arquitectura. Esa liñaxe remóntase tempo atrás ata os autores clásicos, é dicir, é posible que moitas das cousas que nos fan disfrutar dun autor contemporaneo se encontren tamen nos seus predecesores, as veces é posible incluso que se encontren nun estado máis puro, sen filtrar.

Viaxar atrás e adiante na liña temporal, no árbore familiar dun artista, permitiranos non só descubrir o seu pai ou avó artístico, tamen a curmáns, irmáns, tíos e pode que mesmo ese sobriño bastardo que sen deixar de ser clavadiño ó seu pai parece querer ir totalmente en contra. En definitiva a procura e o interese por estas obras pode comezar unha apaixoante viaxe tan entretida coma a propia lectura. Pode abrir novas portas no noso gusto o facernos comprender facetas que antes nos pasaban desapercibidas dos nosos autores favoritos ou de autores que odiamos.

Coñecer os clásicos

Pero debe ser esta tarefa unha obriga só para os críticos, artistas, ou estudosos? Eu creo que non. Se ben o coñecemento das circunstancias dos autores sempre axuda a enriquecer a un e á propia obra, estes cómics, estes xigantes sobre os que os novos autores se sosteñen non necesitan ser lidos cunha enciclopedia na man.

Non necesitan ese coñecementos extra, porque precisamente os clásicos están feitos cunha fórmula (non preguntedes cal, que xa me gustaría xa...) que fan que non perdan forza, nin interese. Unha cualidade atemporal que pese á distancia no espazo e no tempo, pese ós formatos, pese a todo, consigue atraparte e terte mergullado na súa ficción durante horas. Aproveitade as reedicións dos clásicos agora que se volven a facer, quén sabe cando volvera a época de estío.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org