O máis "in" da nova banda deseñada de autor (2)
A escena internacional da BD está chea de novos talentos, creadores nados na década dos 70 que brillan con luz propia desde a autoedición, o sector independente e as canles alternativas.
Novenoscopio
25 / 1 / 2006
Kurt Wolfgang ( New Jersey, 1977).
Cautivado pola subversión de MAD dende cativo onde atopaba as cousas "das que non se falaba no Muppet Show", non foi ata comezar a leer cousas como Hate ou 8-Ball que comezou a afrontar as súas obras con máis seriedade. Despois veu o descubrimento de Spiegelman, Burns ou Chester Brown, que cambiou o seu concepto do que se podía contar. Dice non ter leído nunca superheroes "non por esnobismo porque as cousas que eu consumía de pequeno eran tan estúpidas como o son os superheroes".
Un dos máis acérrimos defensores da autopublicación é o creador da publicación Lowjinx ganadora dun Ignatz no 2000, e que conta coas colaboracións dalgunhas das mentes máis preclaras desta nova xeneración de creadores; Jordan Crane, Johnny Ryan, Nick Bertozzi, Jeff Czekaj, etc. Nesta faise unha desconstrucción dos cómics dende a parodia, que vai dende o Understanding Comics de McCloud ata o Acme Novelty Library de Ware.
Máis alá das súas bandas deseñadas paródicas o estilo de Wolfgang é feista, detallista e intrincado, influenciado polos artistas underground e mesmo por Basil Wolverton, as súas historias son poéticas, pero con grandes doses de humor descarnado.
Ademaís de Lowjinx e a súa participación en varias obras colectivas cabe destacar a súa historia muda de 160 pax "Where hats go".
Matt Broersma ( Michigan, 1971).
Cunha vida rocambolesca case comparable á do mítico Steranko, Broersma creceu en Texas e ten traballado como profesor de inglés, cantante lounge e periodista de internet en Corea, Xapón, ou California.
Gráficamente moi influido pola liña clara francesa dos 80 (mención especial merece a súa mímesis con Chaland nas súas ilustracións), no narrativo as súas historias adscríbense ó xénero da serie negra que lle sirve de instrumento para diseccionar a América profunda, as veces aceptando todos os condicionantes do thriller policiaco e as veces mesturandoo con detalles fantásticos, como mortos viventes, obxetos máxicos, etc. , hermanandoo estilísticamente co Tardí máis surrealista ou con próceres de L´Association como Sfar ou David B.
É un dos integrantes xunto con xentes como Gipi ou Igort da interesante colección Ignatz, coa súa serie Insomnia. Paga a pena botarlle un ollo a súa páxina web na que se poden descargar moitos dos seus cómics en pdf de forma totalmente gratuita.
Kevin Scalzo (Winnipeg, 1969).
Pintor pertencente ó movemento do surrealismo pop e autor de cómics, este canadiense residente en Massachusets, recoñece dentro das súas influencias ó underground, á cultura popular xaponesa e á animación clásica. O seu primer traballo no medio foi unha colaboración no Hate de Peter Bagge.
Os seus cómics debuxados nun estilo colorista e näif son protagonizados por suorosos personaxes de deseño pop en situacións surrealistas, e escatolóxicas entre os que cabe destacar Sugar Booger e Chop Suey e as súas series de mini cómics. Unha sorte de revisión subversiva da cultura popular establecida, e dos seus ídolos retro.
E na próxima entrega desta serie de artículos: Tom Gauld , Simone Lia, e Helge Reumann!!!