Debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións e foi director de animación para a produtora coruñesa Dygra, pero é máis coñecido como autor de BD, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Cofundador do colectivo Polaqia en 2001, debutou cunha historia escrita por Kike Benlloch no álbum colectivo
Mmmh!!. Contou con series propias nas principais revistas galegas:
BD Banda (desde 2001) e
Barsowia (desde 2003). Foi o autor de
Os Kinkilláns, unha das series máis populares da segunda etapa de
Golfiño (La Voz de Galicia). Cómics seus viron a luz en innumerables publicacións como
Tos,
Huevo,
El fanzine enfermo,
Humo,
Interzona (2007),
Ex Abrupto (2008). Foi un dos autores que máis contribuiu á segunda época da revista
Dos veces breve.
El circo del desaliento (Astiberri 2005) foi o seu primeiro álbum persoal, e incluía en castelán a historia
Onde ninguén pode chegar publicada unitariamente en galego por Lea en 2006.
La tetería del Oso Malayo foi o seu segundo álbum (Astiberri 2006), tamén artellado arredor de varias historias curtas xunto a unha extensa.
Entrevista a David Rubín en
Entrecomics (2007)
Palmarés
Levou o segundo premio no XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 99 coa obra
Penso en ti e o resto é sinxelo. Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 (por
A sombra xigante que me afoga) e 2002 (por
Antón ardendo) e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000). Gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia
O segundo que ía dicirche. En 2004 fíxose co segundo premio do certame Na Vangarda (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve
Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañador en 2005 do I Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña) coa novela gráfica
Onde ninguén pode chegar. Venceu tamén en 2005 no certame Na Vangarda coa historia curta
Patacas. Gañador do Premio Josep Toutain ao Mellor Autor Novel no Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2007, pola súa novela
La tetería del Oso Malayo. Este mesmo título valeulle o premio da crítica española á mellor obra nacional de 2006 e mais ser finalista no Premio Nacional de Cómic concedido en 2007. Polo primeiro volume de
El Héroe foi recoñecido co premio da crítica española, anunciado en Aviles en 2011. A mesma obra valeulle o galardón á
mejor obra nacional de 2011 no Salón do Cómic de Zaragoza.
Formación específica
Estudou na Escola de Arte Antonio Failde (Ourense).
publicacións
Álbum
Enfermo
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Debuxante,
Ilustrador,
Portadista,
Editor,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas
A diferenza dos fanzines
Publicado o 25 / 1 / 2024
Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición