A exposición 'Unha vida viquinga' trae ao Gaiás as últimas visións sobre as culturas nórdicas

A exposición está aberta ata o 5 de xaneiro de 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A exposición 'Unha vida viquinga' trae ao Gaiás as últimas visións sobre as culturas nórdicas

Todos temos na imaxe a idea dos viquingos moi formada a partir dos mitos xermánicos do século XIX e os filmes e series de televisión dos séculos XX e XXI. Pero nesa visión das culturas nórdicas non adoitan estar incluídos outros aspectos da sociedade, cultura e desempeño vital das persoas. A exposición 'Unha vida viquinga', inaugurada hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura permite explorar o universo vital e cultural das culturas nórdicas coas que Galicia, ao igual que outras partes de Europa, mantivo un intenso e tensionado contacto na Alta Idade Media. A exposición, comisariada pola investigadora do CISPAC Irene García Losquiño, doutora en estudos escandinavos pola universidade escocesa de Aberdeen, reúne máis dun centenar de pezas históricas entre as que figuran un gran número de obxectos arqueolóxicos, documentos e producións audiosuais que resumen unha vida viquinga, divida na infancia, mocidade, madurez e a morte. A mostra inclúe unha réplica dun barco viquingo e diferentes animacións ao redor da vida e da mitoloxía viquinga elaborados polo debuxante David Rubín. A mostra está aberta ata o 5 de xaneiro de 2025.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Morte, Alta Idade Media, Museo Centro Gaiás...