A Cidade da Cultura acollerá no segundo semestre do ano a exposición "Unha vida viquinga", definida como un dos "proxectos máis destacados da programación". Trátase dunha produción propia do Gaiás, que para esta mostra colabora con diferentes institucions museÃsticas internacionais, como o Museo Nacional de Historia de Suecia, o Museo Nacional de Dinamarca ou o Museo Arqueolóxico Nacional de Francia, xunto con outras entidades españolas ou galegas. A proposta da exposición diferénciase da visión máis convencional dos viquingos ao redor das narrativas bélicas de invasión, conquista ou saqueos. Fronte a esa visión, a comisaria Irene GarcÃa Losquiño, doutora en estudos escandinavos e especialista na Idade Viquinga, decidiu centrarse nunha "visión máis inclusiva e que destaca as interaccións culturais neste perÃodo. A exposición explorará como serÃa unha vida completa na era viquinga, desde a infancia ata a morte, cos seus ritos funerarios". A exposición combinará esta visión humana e próxima coa propia expansión viquinga, "creando un gran mapa mental das zonas de contacto do mundo viquingo", entre as que se inclúe Galicia, como territorio con interaccións reiteradas cos escandinavos durante douscentos anos. 'Unha vida viquinga' contará con máis de cen pezas, como un notable relicario irlandés con runas atopado en Dinamarca e que evidencia non só as dinámicas de saqueo, senón as apropiacións posteriores, ou unha espada de xoguete para nenos nunca exposta ata o momento que procede do museo Nacional de Historia de Suecia. A mostra estará aberta de xullo de 2024 a xaneiro de 2025.