Contribuiu á creación do Salón do Comic de Ribeira entre 1992 e 1995. Comezou publicando historias no fanzine do instituto de Ribeira, entre 1995 e 1998. É o autor do cómic en liña "Escuela de campeones" para Canaltaekwondo.Com (1999-2000) coa colaboración de Sanmiguel. As BDs "Pó de estrelas" con guión de Xeno, e "Epifanía", presentadas ao concurso de BD O Alfaiate, foron obxecto dunha exposición colectiva por parte de Empuje.net
A súa BD "El Artista Adolescente" foi publicada na revista do concurso de cómic de Albacete 2005 ao resultar finalista. A historia "Chico mal dibuxado" foi publicada na revista online Busola ao resultar gañadora do 1º concurso de cómic de Valadouro en 2005. Actualmente colabora con bd no fanzine "O Despregable" da "Embaixada Prusiana".
Palmarés
Finalista no XV Concurso de cómic de Albacete 2005. Primeiro premio no I Concurso de comic do Valadouro (Lugo 2005). Finalista no I Concurso de “Tiras contra o sexismo” do Concello da Coruña (2005). Primeiro premio no II concurso de Comic de Valadouro en 2006 pola BD "Crenzas".
Formación específica
Graduado Artístico na Especialidade de Volume (Escultura) pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (2002). Técnico Superior de Ilustración pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña (2004).
publicacións
Revista ou comic-book
Búsola
Debuxante,
Guionista,
Noticias relacionadas