As axudas á escrita de guións apoian unha trintena de proxectos

A primeira edición desta convocatoria da Agadic distribúe 270.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais publicaba no seu web este 19 de abril a resolución da primeira xeira das subvencións para a escrita de guións audiovisuais. Un total de 30 proxectos reparten os 270.000 euros con que conta esta liña de axudas. Nomes coñecidos do audiovisual galego como Hector Carré, Olga Osorio, Xacio Baño, Chelo Loureiro son algúns do beneficiados por esta convocatoria.

Na modalidade de autoría novel, dez proxectos conseguiron axudas de 7.000 euros cada un. Trátase de A cinco segundos, de Ana Pico García; Viaxe ao bosque esquecido, de Noelia Muíño González; Damero maldito, de Clara Coira Suárez; Anatomía dunha onda, de Pedro Díaz López; Cando prende a cacharela, de José Carlos Illanes Puente; O lobo nunca pide perdón, de Miguel Conde Lobato; Chorima, de Alicia Úbeda Suárez; Candorca, de Heber Fernández Pérez; El capitán, de Álvaro Pinell Pacha; e Delgada ou morta, de María Barro Guntín.

Pola súa banda, a modalidade de profesionais con experiencia acreditada, a convocatoria apoiou vinte proxectos con 10.000 euros cada un. Os títulos subvencionados son La historia entre tus piernas, de Raquel Nogueira Basalo; Monstros, de Nano López Moure; Guerra fría, de Enrique Otero; Los estudios, de Alba Araújo Pinto; Piso 13, de Roberto González Méndez; Toda miña, a saudade, de Alfonso de la Puente Vaquero; Febre, de Héctor Carré; Normal, de Lidia Fraga; Pendiente de un hilo, de Pedro Corredoira; A nena que quería ser Fred Astaire, de Olga Osorio; Happy funerals, de Fon Cortizo Vázquez; A7, de Santiago González Iglesias; Amparo, pero non Olvido, de Luis Miles; As almas perdidas, de Alexandre Cancelo Parcero; O mozo do peito ferido, de Carlos Piñeiro; Non corta o mar, senón voa, de Xacio Baño, La caja, de Xosé Morais; Corre comigo, de Chelo Loureiro; Cocho, de Jacobo García Fernández; e Frank Soutelo, investigador privado, de Chema Gagino.