A Fundación "La Caixa" deu a coñecer a comezos deste mes de xaneiro os tres proxectos que se beneficiarán no noso paÃs da convocatoria de axudas Art for Change correspondente ao ano 2023. Trátase de tres propostas creativas que se desenvolven no medio rural e que recibirán un máximo de 25.000 euros para se desenvolver ata o final de 2024. En total a entidade apoiou 20 proxectos no conxunto do Estado.
O Laboratorio de formas rural, que promove o colectivo Escola Imaxinada, composto por Vicente Blanco, Salvador Cidrás e Estella Freire foi unha das tres propostas seleccionadas no noso paÃs. Esta iniciativa desenvolverase entre O Corgo e Lugo e propor un "escenario de acción móbil que permite o desenvolvemento de obradoiros creativos, interxeracionais e interdisciplinares nos que se profunda no patrimonio natural, material e inmaterial". A aproveitar saberes locais no deseño de "recursos, materiais e talleres de corte artÃstico-educativo centrados no coidado e respecto dos lugares que habitamos" as actividades oriéntanse a "comunidades educativas e familias que viven e exercen a súa actividade no medio rural".
Pamen Pereira e Chema Marchesi asinan a proposta Historia do futuro, memoria na pedra. Na mesma proponen "un proceso participativo de creación interxeracional e con perspectiva de xénero na parroquia de Santa Cruz de Parga, en Guitiriz (Lugo)". A partir da observación participante realizada polo dúo artÃstico procúrase unha conexión coa comunidade local para artellar a súa implicación en obradoiros dos que sairán obras artÃsticas elaboradas con materiais da zona. Segundo explica a presentación da iniciativa, con esta preténdese "reconstruÃr a memoria histórica do lugar e dos seus habitantes, fortalecer a identidade, o sentido de pertenza, a autoestima e o orgullo, especialmente dos mozos e dos anciáns".
As vodas de FÃgaro. O afiador é o tÃtulo da actividade de Mikel Aristegui seleccionada pola fundación e que se desenvolverá en Nogueira de RamuÃn. A iniciativa pretende contar con catro grupos de diferentes xeracións que participarán na creación dun proxecto de danza teatro con música ao vivo e vestiario reciclado. Actividades formativas en danza, teatro, creación de vestiario e composición axudarán ás persoas participantes a desenvolver a montaxe, que se representará no Auditorio Municipal de Ourense. O proxecto contará co compositor Brais González, que contribuirá a adaptar a ópera orixinal de Mozart.