Dylan e Jez son dous mozos que se gañan a vida poñendo en práctica toda clase de timos a partir das súas habilidades: o primeiro é un perfecto lareteiro e o segundo, un mago da técnica capaz de artellar todo tipo de trebellos. O seu grande obxectivo é xuntar un millón de libras para mercar unha gran mansión e no camiño de tentalo van contar coa axuda da inxenua Georgie, que non coñece os auténticos motivos dos seus sarillos.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Stefan Schwartz
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Filmax
Titulo orixinal: Shooting Fish
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 110'
Orixe: Reino Unido
Ano: 1998
Idioma V.O.: Inglés
Subtitulada: Inglés, castelán, catalán, galego, portugués
Dobrada: Galego, castelán, catalán
Capital Galego: 0 %