Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia) |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia)
Na Mámoa do Mouro, nas Terras de Barzán, o mozo Emilio anda atrás da Trabe de Ouro. Trinta anos despois, o vello Emilio conta, antes de dormir, aos seus netos Xan e Rosa, as historias de trasnos, elfas, donas, meigas e diaños. O home relata as cousas que lle pasaron no mundo alén da maxia. Capítulo piloto para serie de TV de 26 capítulos.

Palmarés: Premio Caracol (UEAC 2003) á mellor dirección para Tomás Piard e Premio Caracol á mellor fotografía a Santiago Yanes, no xénero de ficción para nenos e mozos. Tanén Premio Caracol ao mellor son directo. Candidata á mellor dirección de fotografía nos Premios Mestre Mateo 2002.

Ficha artística
Dirección: / Tomás Piard
Guionista: / José Luís González
Intérpretes: / Antía Otero
Produción: / José Luís González

 

Ficha técnica
Produtora / Producciones Vigo S.L.
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia)
Tipo: Curtametraxe
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 20'
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: ningún idioma
Dobrada: ningún idioma
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia)  (1)

Galería de imaxes | VER AS 4 fotos de Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org