Creación videográfica baseada na montaxe como exercicio de alteración da percepción. A partir de imaxes reais (mariscadores, bateas, incendios forestais, bombas de palenque), habituais en telexornais e documentais, créase unha historia bélica na que un exército invade Galicia. O relato ficticio artéllase en torno aos seguintes eixos: Desembarco inimigo nas costas, destrución de poboacións, fuxida ao interior, resistencia, reconversión do sector pesqueiro e gandeiro en industria bélica e vitoria final. Palmarés: Gañadora do premio á mellor curta galega, dotado con 1.500 euros e un trofeo conmemorativo, na IV edición do Festival Internacional Curtocircuito. Premio do Público en On/Off (Ribadeo 2007). Premio Galicia no Certame de Vilagarcía (2007). Mención de Honra na XXXIV Jornada Internacional de Cinema de Baía (Brasil 2007). Galardón á mellor obra experimental ou interactiva nos premios Mestre Mateo 07 (2008). |
Ficha artística
Dirección:
/
Susana Rei
Ficha técnica
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Cousas do Kulechov
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 21'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 29.950 €
Porcentaxe subvencións: 33 %
Importe subvencións: 10.000 €
Capital Galego: 100 %