Enrique Líster era canteiro e traballou no capitolio da Habana e no metro de Moscú. Na Guerra Civil chegou a ser comandante en xefe do V Reximento do Exército Republicano, ao que se incorporaron as Milicias Galegas formadas en Madrid. Foi cantado por poetas como Machado e Miguel Hernández, vingou os agresores da súa nai, disentiu do PCE, loitou nos campos de batalla... Un home tenaz que este documental pretende desvelar. Contén entrevistas á viúva e ao fillo do propio Líster, entre outras persoas relacionadas con el. O filme tamén ten algunhas escenas interpretadas, máis evocativas que de recreación. Comercializado en DVD con audio en galego.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Margarita Ledo
Guionista:
/
Margarita Ledo
Intérpretes:
/
Mónica Camaño
/
Margarita Fernández
/
Anxo Laborda
/
Zé Paredes
Produción:
/
Xosé Luis Ledo Andión
Produción Executiva:
/
Margarita Ledo
Ficha técnica
Distribuidora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Produtora
/
Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Liste, pronunciado Líster
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Duración: 111'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego, castelán, catalán, ruso e alemán
Subtitulada: Galego, castelán, inglés
Orzamento: 247.000 €
Porcentaxe subvencións: 25 %
Importe subvencións: 62.100 €
Capital Galego: 100 %