Liste, pronunciado Líster |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Liste, pronunciado Líster
Enrique Líster era canteiro e traballou no capitolio da Habana e no metro de Moscú. Na Guerra Civil chegou a ser comandante en xefe do V Reximento do Exército Republicano, ao que se incorporaron as Milicias Galegas formadas en Madrid. Foi cantado por poetas como Machado e Miguel Hernández, vingou os agresores da súa nai, disentiu do PCE, loitou nos campos de batalla... Un home tenaz que este documental pretende desvelar. Contén entrevistas á viúva e ao fillo do propio Líster, entre outras persoas relacionadas con el. O filme tamén ten algunhas escenas interpretadas, máis evocativas que de recreación. Comercializado en DVD con audio en galego.

Ficha artística
Dirección: / Margarita Ledo
Guionista: / Margarita Ledo
Intérpretes: / Mónica Camaño / Margarita Fernández / Anxo Laborda / Zé Paredes
Produción: / Xosé Luis Ledo Andión
Produción Executiva: / Margarita Ledo

 

Ficha técnica
Distribuidora / Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Produtora / Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Liste, pronunciado Líster
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Duración: 111'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego, castelán, catalán, ruso e alemán
Subtitulada: Galego, castelán, inglés
Orzamento: 247.000 €
Porcentaxe subvencións: 25 %
Importe subvencións: 62.100 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Liste, pronunciado Líster  (1)

Documentos

  1. baixa aqui Díptico de Lister

Galería de imaxes | VER AS 5 fotos de Liste, pronunciado Líster

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org