Fronteiras |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Fronteiras
¿A que comunidade política e cultural pertencen as rexións fronteirizas? Todo o mundo opina. Desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, até as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Un achegamento á construción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal. Coa participación de Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, entre outros. Estrea

Palmarés: Premio AvidHoc “Xpréssate en Tui ´06” ao mellor proxecto de documental (II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc ´06). Seleccionado no Festival Internacional de Cine de Xixón, no Cineuropa de Santiago de Compostela e no Documenta Madrid ´08, entre outros festivais.

Ficha artística
Cámara: / Carlos Aguilera
Dirección: / Rubén Pardiñas
Guionista: / Rubén Pardiñas
Montaxe: / Carlos Aguilera
Produción: / Carlos Aguilera / Miguel Gavito
Produción Executiva: / Emilio González Martí
Xefatura de son: / David López

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Pasacana Films

Titulo orixinal: Fronteiras
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 58'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: galego, asturiano, portugués, castelán
Subtitulada: castelán, inglés
Dobrada: ningún idioma
Orzamento: 22.000 €
Porcentaxe subvencións: 0 %

vIDEOS | VER todos os videos de Fronteiras  (1)

Galería de imaxes | VER AS 8 fotos de Fronteiras

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org