¿A que comunidade política e cultural pertencen as rexións fronteirizas? Todo o mundo opina. Desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, até as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Un achegamento á construción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal. Coa participación de Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, entre outros. Estrea Palmarés: Premio AvidHoc “Xpréssate en Tui ´06” ao mellor proxecto de documental (II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc ´06). Seleccionado no Festival Internacional de Cine de Xixón, no Cineuropa de Santiago de Compostela e no Documenta Madrid ´08, entre outros festivais. |
Ficha artística
Cámara:
/
Carlos Aguilera
Dirección:
/
Rubén Pardiñas
Guionista:
/
Rubén Pardiñas
Montaxe:
/
Carlos Aguilera
Produción:
/
Carlos Aguilera
/
Miguel Gavito
Produción Executiva:
/
Emilio González Martí
Xefatura de son:
/
David López
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Pasacana Films
Titulo orixinal: Fronteiras
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 58'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: galego, asturiano, portugués, castelán
Subtitulada: castelán, inglés
Dobrada: ningún idioma
Orzamento: 22.000 €
Porcentaxe subvencións: 0 %