Un mozo idealista (Andy García) ingresa na oficina do fiscal do distrito. Terá que ocuparse do caso dun narcotraficante e asasino de policías que feriu gravemente ao seu pai (Richard Dreyfuss), un veterano axente do corpo. Na investigación atópase con que o seu proxenitor está talvez implicado nunha rede de corrupción policial.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Sidney Lumet
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Filmax
Titulo orixinal: Night falls on Manhattan
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 109'
Orixe: EEUU
Ano: 1997
Idioma V.O.: Inglés
Subtitulada: Galego, castelán, éuscaro, catalán, inglés
Dobrada: Galego, castelán, éuscaro, catalán