Un empregado dunha empresa de enerxía chega a Chantada coa misión de convencer aos veciños de que vendan as súas terras para artellar un parque eólico, e atópase con distintos personaxes que lle provocan unha crise existencial. Esta serie de seis episodios foi producida polos veciños e veciñas de Chantada. Mestura personaxes lendarias da Ribeira do Miño, con outras actuais e recoñecibles da vila e das parroquias do Concello. Le esta reportaxe sobre Cabo do mundo. |
Ficha artística
Dirección:
/
Comba Campoy
Intérpretes:
/
Miguel de Lira
Ficha técnica
Titulo orixinal: Cabo do mundo
Tipo: Serie
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 35'
Orixe: Galego
Ano: 2003
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Inglés (só o primeiro capítulo)
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 300 €
Porcentaxe subvencións: 0 %