Agosto de 2006. Amañece en Río de Xaneiro. Nélida Piñon, “brasileira recente”, é unha muller que escribe na súa casa. Toda a súa vida foi escritora. Unha Scherezade imaxinaria -a xornalista Carmela Pardal-, indaga de onde lle veñen as palabras e as ideas que deixa escritas. Esta moderna Scherezade é a voz narradora: unha voz feminina e cálida que se expresa en galego e ao longo do documental, en delicado contrapunto ao doce acento brasileiro de Nélida. Coa participación de Nélida Piñon, Suso de Toro, Luis G. Tosar e Ánxela Bugallo. Palmarés: Emitido en Canal Brasil (16/1/08). |
Ficha artística
Dirección:
/
Valentín Carrera
Entrevistada:
/
Nélida Piñón
Ficha técnica
Produtora
/
Ibisa TV
/
Tatzen
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñon
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Ningún idioma
Dobrada: Ningún idioma