En árabe "linatakalam" significa "falemos", un convite ao diálogo. Este documental leva ese título como proposta de comunicación entre os pobos e culturas, co Mediterráneo como vínculo de convivencia. Foi rodada en seis paises (España, Marrocos, Italia, Túnez, Exipto e Turquía) e entrevista líderes como os primeiros ministros de España e Marrocos, Rodríguez Zapatero e Driss Jettou, o premio Nobel Desmond Tutu e os copresidentes da Alianza de Civilizacións, Federico Mayor Zaragoza e Mehmet Aydin. Seis capítulos. Palmarés: Candidata ao mellor documental nos premios Mestre Mateo 2006. Medalla de Ouro do World Media Festival de Hamburgo (2008). Incorporada á plataforma audiovisual da UNESCO. |
Ficha artística
Guionista:
/
Carlos Vázquez
Produción Executiva:
/
Valentín Carrera
Realización:
/
Valentín Carrera
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Localia Lugo (Telelugo El Progreso S.L.)
/
Localia TV Coruña
/
Localia TV Ferrol
/
Localia TV Pontevedra
/
Localia TV Santiago
/
Localia TV Vigo
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Televisión Española (TVE)
Produtora
/
Ibisa TV
Titulo orixinal: Linatakalam
Tipo: Documental
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego, francés, italiano, árabe