Emite reportaxes coas que se intentan divulgar as últimas técnicas empregadas nos distintos sectores produtivos do agro galego, desde a gandaría de leite até a viticultura, sen esquecer o sector forestal, como representación do complexo agrogandeiro de Galicia. Outro dos asuntos que trata o programa é o da crecente industria agroalimentaria. Emitiuse baixo as cabeceiras "O noso agro" e "O agro" e con certos cambios de formato, mais en conxunto é un dos programas máis lonxevos da TVG achegándose ao milleiro de emisións.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Anxo Vázquez
Ficha técnica
Distribuidora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Emisión ou proxección
/
tvG2
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Labranza
Tipo: Documental
Xénero: Natureza
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 25'
Orixe: Galicia
Ano: 1990
Idioma V.O.: Galego