Revista nas tardes da Galega arredor da vida social dos maiores. Procura persoas nos centros de adultos, fogares de pensionistas e asociacións diversas. Os interesados explicarán canto hai que non teñen parella, como lles afecta a soidade e como é a persoa que están a buscar. As chamadas que entren no programa para falar cos convidados serán as de maior afinidade. Despois facilítase o contacto entre as partes e faise un seguimento posterior para saber se fixeron parella e cal foi a súa historia.
|
Ficha artística
Dirección:
/
María Xosé Pita
Guionista:
/
Paulo Conde
Presentación ou locución:
/
Xosé Manuel Piñeiro
Produción Executiva:
/
Luís Collazo
Ficha técnica
Distribuidora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Productora Faro, S.A.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Acompáñenos
Tipo: Programa TV
Xénero: Social
Produción propia externa
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego